martes, 15 de mayo de 2007

CONCENTRACIÓN EN SANTIAGO

A Plataforma vai ir o xoves día 24 de Maio a Santiago. Imos concentrarnos diante de San Caetano. O Goberno ten que escoitarnos. Ten que escoitar ao concello de Mos. Necesitamos que vos apuntedes. Imos ir en autobús. Sairemos as 9 da mañán da explanada de Queen. O día 16 na manifestación pasaremos follas para que poidades anotarvos. Recordade que tamén o podedes facer enviando un correo a : plataformadefendemos@yahoo.es

NON AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.

lunes, 14 de mayo de 2007

MANIFESTACIÓN

SE ISTO NON SE ARREGLA
LEÑA! LEÑA! LEÑA!


TRAEDE PITOS, CACEROLAS E BOCINAS
TEMOS QUE CONSEGUIR QUE FOMENTO E A XUNTA NOS ESCOITE


O MÉRCORES 16 DE MAIO AS 20.00 H


NA EXPLANADA DE QUEEN


ACUDIDE!!!

martes, 8 de mayo de 2007

VIAXE ALUCINANTE AO CENTRO DE UN MITIN OU: O ATAQUE DA CAMISETA PONZOÑOSA.


O domingo pasado fomos a Vigo, a concentrarnos diante do pavillón das Travesas. Falaban Zapatero e Touriño. Iamos andando e de repente parounos a policía. Debíamos ter pintas sospeitosas, perigosas e incluso ameazantes, senón non se explica. Ate eiquí todo ben. Tiñamos pensado estar calados máis ou menos coas pancartas e nada máis. Pero nos dixeron que alto. Que de ahí non podíamos pasar. Estabamos a uns douscentos metros da entrada do pavillón.

Pasados uns minutos, e como empezaba a chegar xente, un par de nós fomos para repartir un folleto –con mapa incluido - que explicaba o problema que temos. E ven a sorpresa: non podemos sair do cerco da pancarta coa camiseta posta. Preguntámoslle aos policías – uns mozos galegos enormes e ben mantidos- e nos dixeron que non podíamos pasar coas camisetas postas. ¿Por qué? Lo siento, señora, tenemos órdenes de nuestros superiores, y no pueden pasar con las camisetas. Vale, pero, ¿hai algunha razón? Son órdenes superiores. Unha preguntiña máis: isto é un mitin do PSOE: ¿non será mellor que nos digan eles que non podemos pasar? Porque se non estamos tolos, vostedes son a policía nacional, non o servicio de orden do mitin. NON.

Quixen preguntarlle a os da organización do mitin. Saco a camiseta e gárdoa no bolso. Un policía me di que non, que non paso coa camiseta no bolso. Flipo. ¿Por qué? No se puede pasar con la camiseta en el bolso. Désela usted a otra persona, sino, no.

Gardo a camiseta no bolso. Vou por Fragoso a dar a volta. Paso por diante de outros policías e escoito: “Va para arriba” (era eu a que ía para arriba: unha perigosa, pegañenta e tremebunda delincuente de metro sesenta cun bolso na man e unha camiseta dentro). Paro en seco, sorrío e digo: “vai para abaixo”.

Volvo o punto de partida, donde está o meu policía particular. Señora, no puede pasar con la camiseta porque é un distintivo político. Abro o bolso, saco a camiseta. Saco un libro –pregunto se o libro se considera como distintivo político ou como animal de compañía- dime que non. Saco un monedeiro. Saco unha libreta. Saco un boli. Meto todo de novo, e podo pisar outra vez a rúa pública fora do círculo da nosa pancarta.

Chego o pavillón. Vou con unha compañeira. Pregunto por un encargado de organización. Esperamos. Chega. Lle pregunto si é normal que non podamos entrar coas camisetas. Bueno, non é que non podamos entrar, e que non podemos ir mais alá da pancarta con ela posta. Pregúntolle se o Partido Socialista Obrero Español ten algún problema de fijación coas nosas camisetas. Que somos de Mos e o noso concello nos apoia. Que só queremos poñernos fora, onde están os de Álvarez. Que non queremos entrar no Pavillón. Me contesta amabilísimamente que eles só controlan das portas para dentro. Pregunto enton se de portas para dentro sí se pode levar camisetas. Me dí que o control de camisetas é cousa da policía. Eu, que non quero cansalo- nen cansarme- , pregúntolle se o control de orden deste mitin o leva a policía.

Aparece unha rapaza morena moi amable que nos dí que pasemos, a ver se lle podemos preguntar a alguén. Unha muller agradable e conciliadora. Xusto cando estaba a convencernos, chega un segurata e lle dí a miña compañeira o seguinte, sen nen sequera mirar que estabamos a falar con outras dúas persoas: “Si lleva usted una camiseta en el bolso, va usted a la calle”.

Veciños. Isto enche o saco de calquera. Digo que agora sí que xa me contestaron e que bos días.

Nos sacaron moitas fotos. Se enteraron de que eramos de Mos. –“Mos existe, Mos está no mapa”. Acabamos afónicos, pero cos deberes feitos. Convencidos de que temos rabo e cornos. Porque os médicos do SERGAS estaban protestando frente o Pavillón (e con megáfono) . Os de Álvarez tamén (e con unha pancarta que poñía verde a Zapatero). A nosa ponía “Defende Mos”. ¿Por qué molesta tanto?

Dentro do Pavillón se oían os nosos pitos contra Fomento. Non contra Zapatero, nen contra o PSOE, só con Fomento. Contra Fomento e contra todos os que queiran esnaquizar Mos. Sendo tan educados e civilizados e imparciais como somos, non entendemos que nos teñan metidos nun corralito toooooodo o tempo.

A pregunta é: a policía nacional – que por certo se despediron de nós cun sorriso, y é normal, porque quedaron fartos de cánticos e pitidos- ¿ten como novo cometido facer de servicio de orden aos mítines de suposta entrada libre?

¿Pensarían que en vez de mosenses somos jerrilleiros – jerrilleiros con xota- afgano-talibáns?

Ate o de agora pensábamos que nos consideraban idiotas. ¿Resulta que tamén somos perigosos? Isto se non se ve, non se cree. En fin, que o de sempre.

1. Necesitamos a vosa axuda (Non nos movemos moito, é sinxelo, nos poñen detrás da pancarta, non vos cansaredes).

2. Necesitamos que veñades aos seguintes mítines (vos reiredes un montón se volta a pasar o da camisetaperigosa)

3. Somos de Mos. Temos que defendernos (¿ou queredes que chamemos a policía nacional?

4. Fomento está moooooi lonxe. Pero as palas excavadoras e a ruina de Mos, cada vez máis perto.

jueves, 3 de mayo de 2007

Boas.

A semán pasada estivemos no acto do PP. Calados, facendo só acto de presencia, detrás da nosa pancarta da Plataforma. O día 1 estivemos no Pavillón "Óscar Pereiro", onde se presentaron os candidatos do PSOE ó concello. Nese mitin tivemos a oportunidade de falar con Touriño e Mª Xosé Caride.

A Plataforma está composta de xentes de distintas opcións, por iso hai que ter a mesma actitude con todos, porque así o decidimos na asamblea. Dentro do noso concello os políticos locais nos están apoiando -con máis ou menos éxito- pero apoiando. Non podemos facer diferencias eiquí. Pero sí poderemos manifestarnos en Vigo, Santiago ou Madrid.

A actitude de calar, de estar alí simplemente para protestar en silencio, que se nos vexa, vai ser moi dura, pero é o que temos que facer, polo menos por esta vez. A Plataforma non quere -NON PODE- beneficiar a ningún partido.

Isto é polo ben de Mos. Faremos outras accións de protesta nas que sí berraremos a nosa indignación. Pero nas presentacións de candidatos dos políticos de Mos, quedamos de facelo en silencio. Sabemos que é duro, pero temos que ser disciplinados. Non podemos actuar por separado. Somos un grupo, unha plataforma, con xente de todas as orientacións. Non nos queda outra. É difícil, pero farémolo.

A próxima cita dentro do Concello de Mos -e a última de presentación de candidatos- será o venres día 4, no acto do BNG, que terá lugar as 21:30 no Pavillón Peña de Francia. Quedamos as nove da noite no Pavillón. NECESITAMOS QUE VEÑADES.

Por favor, axudádenos - e axudade a Mos- sendo disciplinados, fríos e controlando a rabia que todos sentimos neste momento. Aillados non podemos, xuntos sí.

Despois, iso será máis fácil, nos quedarán os mítines aos que veñan os presidentes destes partidos. Ide preparando a garganta para eles. Iremos a Vigo, e nos quedaremos fora facendo ruido. A ver se desta vez os medios sí se enteran.

O domingo día 6, Zapatero estará en Vigo. Ten un mitin no Pavillón das Travesas. Se queremos que a xente saiba ÓNDE ESTÁ O CONCELLO DE MOS temos que estar á porta dese mitin coas nosas pancartas. É absolutamente necesario que se nos mire, que Fomento saiba que non se nos pode mexar por riba sen que pelexemos.

O domingo día 6 haberá un bus frente a “Queen” as 10 da mañán. Fará unha parada en Petelos e outra en Puxeiros.
Por favor, apuntádevos necesitamos saber cántos imos ser. Podedes confirmar a vosa asistencia mandando un e-mail ó noso correo.

É o momento de preocuparse.
É o momento de que movamos o cú dunha vez polo noso concello.
Todos preferiríamos quedar tranquilos na casa. PERO NON PODEMOS.
MOS non merece este trato.

Un saúdo a todos.
PLATAFORMA "DEFENDE MOS"