martes, 24 de julio de 2007

Entrevista na TVG

Onte saimos por primeira vez na televisión de Galicia, podedes ver a noticia no seguinte enlace, picando no programa do día 23 de xullo:

Galicia Noticias Serán

jueves, 5 de julio de 2007

REUNIÓN CON QUINTANA

A PLATAFORMA DEFENDE MOS ENTREVISTOUSE HOXE MÉRCORES AS 10:30 HORAS CO VICEPRESIDENTE DA XUNTA, ANXO QUINTANA.

Os representantes da Plataforma entrevistáronse hoxe en San Caetano co vicepresidente da Xunta de Galiza. Expuxéronlle os problemas que para Mos traería a combinación dunha autovía - innecesaria dende o seu punto de vista, e remediable coa supresión da peaxe Puxeiros-Porriño, un tramo sen utilizar-
co trazado do AVE.

Os veciños e o concello de Mos -unidos neste tema- non se negan ao ben común, só piden dende fai meses que se escoiten as súas opinións sobre infraestructuras, que sempre atravesaron o concello.

Tamén lle fixeron chegar a súa inquedanza polo aillamento do concello, xa que ate o de agora, ningunha autoridade con competencias reais na Xunta quere recibilos, nin aos representantes políticos nen ao movemento veciñal.

Quintana dixo que os puntos de vista que se lle presentaban eran razonabeis. Que tentaría conseguir que os veciños accederan á Consellería de Política Territorial. Pensa que é Fomento o que ten que falar destas infraestructuras, pero comprometeuse a estudar os datos que se lle entregaron e buscar posturas conxuntas na Xunta. Comprometeuse asimesmo a que os veciños tiveran noticias súas antes de setembro.


VIVA MOS