domingo, 25 de noviembre de 2007

A PROPAGANDA DE POLÍTICA TERRITORIAL

FARO DE VIGO. 24 de Novembro.

LA XUNTA LANZA UNA CAMPAÑA PUBLICITARIA PARA ACABAR CON EL DESORDEN URBANÍSTICO.


Politica Territorial invertirá 900.000 euros para concienciar a los gallegos de que deben cuidar el territorio.



Igual que ubicar el retrete debajo del lavabo ó que la lavadora se coloque encima de la nevera. Esta situación sería tan absurda como un piso sin conexión a la red de saneamiento ó una casa de ladrillo a medio terminar.

Con este símil la Consellería de Política Territorial pretende concienciar a la ciudadanía para que contribuya a erradicar el feismo urbanístico.

El mensaje será trasladado en forma de spots televisivos, y además de anuncios en radio y prensa, durante los próximos meses. En esta campaña se gastará 900.000 euros.

Se trata de "sensibilizar a los gallegos de que se debe hacer un uso responsable del territorio", explicó ayer la conselleira de Política Territorial, María José Caride. El lema de esta campaña será: "Onde vivimos importa"

******************************************



O artigo segue coa descripción dos anuncios televisivos e, francamente, non merece a pena.

"Onde vivimos importa", dí a propaganda de Política Territorial. Se falamos dos que vivimos en Mos, importa unha merda.

Para aliviarnos un pouco, Celso Emilio Ferreiro, que se explicaba bastante mellor que as cabezas impecables, exquisitas, solidarias e sensibles de Política Territorial e do goberno deste pobre país noso. O bó que ten este poema e que se pode atopar sempre a quen adicalo, por máis que pasen trinta anos. Mellor reirse, aínda que nos estén tratando coma se non estivesemos eiquí.



REQUIEM.

Paco Pixiñas, zorro confeso,
fuche en carroza pra o cimenterio.

Tanto rillar na carne de cocho,
tanto rillar, matóute un arrouto.

Un torozón finou cos teus días.
cómo te alcontras, Paco Pixiñas.

Púñache os cornos seica a parenta,
síguechos pondo, postmortem, seica.

Das malas lingoas non fagas precio,
durme tranquilo no teu sartego.

Vendiche vento, vendiche leria,
todo se vende, menos decencia.

Todo ten precio, todo se compra,
todo se vende menos vergonza.

Diñeiro podre non fai mercede,
alma mesquiña todo o empobrece.

Cómo che vai cariña de entroido,
tanto aforrar pra agora estar morto.

Deus faga parvos que nos manteñan
pois onde hai listos, zorros non medran.

Deixache as zocas polos zapatos,
de qué che sirve nise buraco.

Da mau á boca pérdese a sopa,
Paco Pixiñas cómo te alcontras.

Cinco e máis cinco non son un cento
bótalle a conta, verás que é certo.

A nosa terra nada che debe,
nada lle importa que alá te quedes
dándolle estrume ó chan alleo
pois a Galicia sóbralle esterco.

Si fuche pobo, dil desertache,
Paco Pixiñas, Requiescat in pace.


AUTOVÍA NON. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.

RESPECTO E DIGNIDADE PARA O CONCELLO DE MOS.

DIÁLOGO COS REPRESENTANTES ELECTOS DO NOSO CONCELLO.


SESIÓN PARLAMENTARIA SOBRE A AUTOVÍA

DÍA 28 pola mañán. Iremos a Santiago para ver dende dentro a votación da proposición non de lei do PP sobre a paralización do proxecto de autovía. Temos 51 entradas, 38 dos do PP e 13 que nos deron os do BNG. Informaremos do resultado desta votación e de todo o que pasou estes días.