martes, 27 de marzo de 2007

CONCENTRACIÓN PACÍFICA!!!

A PLATAFORMA DEFENDE MOS convoca ós veciños/as de Mos a unha CONCENTRACIÓN PACÍFICA, no CONCELLO DE MOS. O día VENRES, 30 DE MARZO, ÁS 20:30H DO DÍA.
AGRADECERVOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!!.

viernes, 23 de marzo de 2007

Axúdanos a recoller firmas e alegacións

Estamos a recoller firmas para pedir a liberación da peaxe da AP-9 e tamén alegacións para o AVE por Mos, necesitamos moitas firmas, cantas máis mellor. Por favor vótanos unha man, descarga e imprime os seguintes arquivos e axudanos a recoller firmas.
Podedes deixar as vosas firmas na Farmacia de Sanguiñeda ou no Centro Social das Pedriñas en Tameiga.

Moitas gracias de antemán.

martes, 20 de marzo de 2007

CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE A AUTOVÍA E O AVE.

CONVOCAMOS A TODOS OS VECIÑOS DE MOS A ASISTIR ÁS CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE A AUTOVÍA MÁIS O AVE. QUE TERÁN LUGAR NAS SEGUINTES DATAS E LUGARES:
  • MERCORES 21 DE MARZO, AS 20:00H: NO CENTRO SOCIAL DAS PEDRIÑAS DE TAMEIGA.
  • XOVES 22 DE MARZO, AS 20:00H: NA DISCOTECA QUEEN EN SANGUIÑEDA.
  • VENRES 23 DE MARZO, AS 20:00H: NO CENTRO SOCIAL NOSA TERRA DE PEREIRAS.
  • SABADO 24 DE MARZO, AS 20:00H: NO CENTRO CULTURAL DE TORROSO.
  • DOMINGO 25 DE MARZO, AS 12:00H: NO PAZO DO MARQUÉS DE MOS.
ASISTIRÁ UN TÉCNICO PARA EXPLICARNOS OS PROXECTOS.


ACUDE, POR FAVOR!!!

domingo, 18 de marzo de 2007

Mos coas novas infraestructuras do Ministerio de Fomento.



Neste plano podemos ver superpostas todas as infraestructuras que o Ministerio de Fomento ten previsto realizar no noso concello.
  • En primeiro lugar a autovía con duas calzadas de tres carriles cada unha.
  • En segundo lugar a Alternativa 1 do AVE que tras sair do tunel que ven de Vigo discorre ó longo do rio Senlle.
  • En terceiro lugar a Alternativa 2 do AVE que discorre semisoterrado por debaixo de Pereiras.
  • Por último a Variante do Ferrocarril para librar o paso a nivel do centro de Porriño e que discorre ó longo do rio Louro.
NON PERMITAMOS ESTA DESFEITA!!!

Enlaces a plano máis grande:

todojuntomosweb72_01_01todojuntomosweb72_01_02todojuntomosweb72_01_03
todojuntomosweb72_01_04todojuntomosweb72_01_05todojuntomosweb72_01_06
todojuntomosweb72_01_07todojuntomosweb72_01_08todojuntomosweb72_01_09


sábado, 10 de marzo de 2007

Comunicado.

A Plataforma "Defende Mos" intenta facer chegar a tódolos veciños e veciñas a información que a maioría das veces queda nos despachos, sobre os plans que o Ministerio de Fomento ten para noso concello. A xente de Mos non son nen cavernícolas nin, por suposto, víctimas e cabezas de turco que han de ser sacrificadas no nome do "progreso".

Sabemos perfectamente que a nosa situacion xeográfica é a que é, pero todas as obras poden facerse sen ter que danar nin ao Concello de Mos nin os circundantes. O que se ve claramente é que toda esa morea de plans precipitados e que se queren licitar a lume de carozo (plans de Nadal do 2006, por exemplo), non teñen en conta a principal consecuencia que acarrexarán: o reventar, desmembrar e facer desaparecer nuns anos un municipio como o de Mos.

A maioría da xente pensa que Mos é só unha autovía con catro casas ó longo dela, pero os que aquí vivimos sabemos a riqueza e a sorte de ter a calidade de vida que temos. Os intereses de Vigo, Porriño e os de Mos poden -e deben -ser compatibles.

Se non houbera solución, a cousa podería entenderse. Pero neste caso, sí que hai solución: a supresión dun tramo da peaxe da AP-9, que evitaría esa autovía que cercenaría a hidrografía de Mos, e que deixaría o concello convertido nun enorme taboleiro de formigón. E, no caso do Ave, información aos veciños, estudo de alternativas diversas, no que deberían participa-los veciños, non só as dos trazados de Fomento, feitos de maneira apresurada, non se sabe ben con qué fins.

A base dunha sociedade culta non pode ser a imposición, a falta de información, o rumor, o pensar que os gobernados son nenos, carentes de todo sentido racional. Pensamos que é así como nos ven: coma auténticos servos da gleba que teñen que acatar as ordes de arriba sen poder discutilas.

O Ministerio de Fomento ten que pensar que o que para él é só un punto no mapa non é tal. Eiquí vivimos persoas que sabemos discernir entre o progreso e unha simple carnicería que se quere levar adiante por sabe Deus qué motivos.

O que pretendemos é que impere o sentido común, que todo o mundo saiba que queren facernos desaparecer cando non hai ningunha razón para elo. Os veciños estanse a informar e dándose de conta de cál e a situación e parece ser que tamén os grupos políticos estanse a decatar que non é imposible compatibilizar progreso con humanidade, respeto polo medio
ambiente, pola poboación e polo amparo que debemos recibir ó vivir nun Estado que debe protexer ós seus cidadáns.

Tel. contacto: 676 08 36 28.