A Plataforma "Defende Mos" intenta facer chegar a tódolos veciños e veciñas a información que a maioría das veces queda nos despachos, sobre os plans que o Ministerio de Fomento ten para noso concello. A xente de Mos non son nen cavernícolas nin, por suposto, víctimas e cabezas de turco que han de ser sacrificadas no nome do "progreso".
Sabemos perfectamente que a nosa situacion xeográfica é a que é, pero todas as obras poden facerse sen ter que danar nin ao Concello de Mos nin os circundantes. O que se ve claramente é que toda esa morea de plans precipitados e que se queren licitar a lume de carozo (plans de Nadal do 2006, por exemplo), non teñen en conta a principal consecuencia que acarrexarán: o reventar, desmembrar e facer desaparecer nuns anos un municipio como o de Mos.
A maioría da xente pensa que Mos é só unha autovía con catro casas ó longo dela, pero os que aquí vivimos sabemos a riqueza e a sorte de ter a calidade de vida que temos. Os intereses de Vigo, Porriño e os de Mos poden -e deben -ser compatibles.
Se non houbera solución, a cousa podería entenderse. Pero neste caso, sí que hai solución: a supresión dun tramo da peaxe da AP-9, que evitaría esa autovía que cercenaría a hidrografía de Mos, e que deixaría o concello convertido nun enorme taboleiro de formigón. E, no caso do Ave, información aos veciños, estudo de alternativas diversas, no que deberían participa-los veciños, non só as dos trazados de Fomento, feitos de maneira apresurada, non se sabe ben con qué fins.
A base dunha sociedade culta non pode ser a imposición, a falta de información, o rumor, o pensar que os gobernados son nenos, carentes de todo sentido racional. Pensamos que é así como nos ven: coma auténticos servos da gleba que teñen que acatar as ordes de arriba sen poder discutilas.
O Ministerio de Fomento ten que pensar que o que para él é só un punto no mapa non é tal. Eiquí vivimos persoas que sabemos discernir entre o progreso e unha simple carnicería que se quere levar adiante por sabe Deus qué motivos.
O que pretendemos é que impere o sentido común, que todo o mundo saiba que queren facernos desaparecer cando non hai ningunha razón para elo. Os veciños estanse a informar e dándose de conta de cál e a situación e parece ser que tamén os grupos políticos estanse a decatar que non é imposible compatibilizar progreso con humanidade, respeto polo medio
ambiente, pola poboación e polo amparo que debemos recibir ó vivir nun Estado que debe protexer ós seus cidadáns.
Tel. contacto: 676 08 36 28.
Mostrando entradas con la etiqueta comunicado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comunicado. Mostrar todas las entradas
sábado, 10 de marzo de 2007
Suscribirse a:
Entradas (Atom)