jueves, 3 de mayo de 2007

Boas.

A semán pasada estivemos no acto do PP. Calados, facendo só acto de presencia, detrás da nosa pancarta da Plataforma. O día 1 estivemos no Pavillón "Óscar Pereiro", onde se presentaron os candidatos do PSOE ó concello. Nese mitin tivemos a oportunidade de falar con Touriño e Mª Xosé Caride.

A Plataforma está composta de xentes de distintas opcións, por iso hai que ter a mesma actitude con todos, porque así o decidimos na asamblea. Dentro do noso concello os políticos locais nos están apoiando -con máis ou menos éxito- pero apoiando. Non podemos facer diferencias eiquí. Pero sí poderemos manifestarnos en Vigo, Santiago ou Madrid.

A actitude de calar, de estar alí simplemente para protestar en silencio, que se nos vexa, vai ser moi dura, pero é o que temos que facer, polo menos por esta vez. A Plataforma non quere -NON PODE- beneficiar a ningún partido.

Isto é polo ben de Mos. Faremos outras accións de protesta nas que sí berraremos a nosa indignación. Pero nas presentacións de candidatos dos políticos de Mos, quedamos de facelo en silencio. Sabemos que é duro, pero temos que ser disciplinados. Non podemos actuar por separado. Somos un grupo, unha plataforma, con xente de todas as orientacións. Non nos queda outra. É difícil, pero farémolo.

A próxima cita dentro do Concello de Mos -e a última de presentación de candidatos- será o venres día 4, no acto do BNG, que terá lugar as 21:30 no Pavillón Peña de Francia. Quedamos as nove da noite no Pavillón. NECESITAMOS QUE VEÑADES.

Por favor, axudádenos - e axudade a Mos- sendo disciplinados, fríos e controlando a rabia que todos sentimos neste momento. Aillados non podemos, xuntos sí.

Despois, iso será máis fácil, nos quedarán os mítines aos que veñan os presidentes destes partidos. Ide preparando a garganta para eles. Iremos a Vigo, e nos quedaremos fora facendo ruido. A ver se desta vez os medios sí se enteran.

O domingo día 6, Zapatero estará en Vigo. Ten un mitin no Pavillón das Travesas. Se queremos que a xente saiba ÓNDE ESTÁ O CONCELLO DE MOS temos que estar á porta dese mitin coas nosas pancartas. É absolutamente necesario que se nos mire, que Fomento saiba que non se nos pode mexar por riba sen que pelexemos.

O domingo día 6 haberá un bus frente a “Queen” as 10 da mañán. Fará unha parada en Petelos e outra en Puxeiros.
Por favor, apuntádevos necesitamos saber cántos imos ser. Podedes confirmar a vosa asistencia mandando un e-mail ó noso correo.

É o momento de preocuparse.
É o momento de que movamos o cú dunha vez polo noso concello.
Todos preferiríamos quedar tranquilos na casa. PERO NON PODEMOS.
MOS non merece este trato.

Un saúdo a todos.
PLATAFORMA "DEFENDE MOS"

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Alí estaremos.Iremos onde faga falta pra defender os nosos dereitos.
E hay que enterarse cando veñen Mariano Rajoy e Anxo Quintana, eles tamén teñen a obriga de escoitarnos.

Plataforma Defende Mos dijo...

Hola a todos, vai sendo hora de que nos vaiamos coñecendo. Por favor firmade os vosos comentarios co voso nome ou se o preferides cun alias pero non fagades todos anónimos. Deste xeito poderemos contestar os comentarios e as vosas preguntas.

Por se non sabedes como, tedes que elixir o tipo de identidade "Otros" e a continuación escribide o voso nome ou álias.

Saudos

Anónimo dijo...

La plataforma tiene que ser independiente y no llevar a ningun
representante de partidos politicos. Eso es lo que ellos quieren para despistar el problema.Si antes no han hecho nada, ahora tampoco. Solo le interesan los votos.PLATAFORMA SI, PERO INDEPENDIENTE. DE LO CONTRARIO ES HACERLES UN FAVOR QUE NO MERECE NINGUNO.

Anónimo dijo...

PLATAFORMA SI, PERO INDEPENDIENTE. NADA DE MEZCLARSE CON PARTIDOS QUE ESPERAN SUS VOTOS DENTRO DE UNOS DIAS. QUE SE BUSQUEN LA VIDA. QUIEREN SALIR EN LA FOTO COMO SI EL PROBLEMA NO FUERA CON ELLOS Y ESTUVIERAN DE ACUERDO CON NOSOTROS. ESO ES UNA FANTASIA. LO QUE QUIEREN SON VOTOS. ¿HAN HECHO ALGO ANTES PARA DEFENDER A MOS'no. al contrario los que lo sabian lo tenian achantado. es una pena que la plataforma se mezcle con los traidores del pueblo.

Anónimo dijo...

Ola a todos, eu son Rosa Collazo, vivo en Mos e tamen penso que iso do anonimato é bastante ridículo, pero alá cada quen coas súas inseguridade.
Eu estóu segura de que a razón nos asiste, e polo tanto debemos animarnos, coñecernos, e sobre todo acudir a todo canto convoque a plataforma
Ata esta noite, xa falaremos...

Un abrazo a todos...

Rosa Collazo

Anónimo dijo...

Ola a todos, qué vos parecen as críticas de Ivan Vaqueiro ás declaracións do xoves de Raúl Francés?
Atende Ivan, as reclamacións da plataforma creo que son xustas, tratan de que os trazados do ave sexan consensuados entre todos os concellos e veciños implicados.
Non podes pretender quitar o paso a nivel do casco de Porriño a conta de encasquetarllo ós veciños de Mos e Torneiros.
Desde sempre se falou de que a solución ó paso a nivel era o seu soterramento. Creo que o proxecto de desviar o trazado é simplemente unha cuestión económica, parece mentira que sendo socialista optes polo beneficio económico e non polo beneficio social, custe o que custe.

Anónimo dijo...

Hola a todos/as, eu hoxe estiven alí e a verdade sorprendeume moito o que pasou.

Todos os manifestantes(médicos,Álvarez) xusto enfrente da porta de entrada e nos a mais de 100 mts.

Debemos dar un pouco de medo pero danos igual.

Ainda non saben a quen se enfrentan, a un grupo de cabezons que non se van rendir ante cousas coma estas, que van luchar por seus dereitos ata o final.

Eu dende logo non me penso rendir tan doadamente.

Anónimo dijo...

Lucharé hasta el final para defender mi vida, mi tierra y mis recuerdos que son muchos.
No puedo entender que alguna gente diga "a mi no me afecta".Estás se guro?
Tampoco entiendo a otros que les pasa rozando y no colaboran.
Afectados somos todos.Debemos estar juntos para no tener que lamentarnos más tarde.
Animo a la plataforma porque sois los que tiráis del carro.
Vivir es luchar y luchar es ganar

Anónimo dijo...

DIXERONME QUE NO MITIN DE TOURIÑO SE ACUDIU SEN PANCARTAS ¿E CERTO? ¿POR QUE? NOUTROS MITINES E ACTOS SE ACUDE CON PANCARTA E NESTA SEN PANCARTA.
SE GOBERNASE O PP SEGURO QUE HABIA GRITOS, BERROS E INSULTOS PERO COMO GOBERNA A COALICION PSOE BNG HAI SILENCIO. NON SE PODE TER MEDO OS POLITICOS SEXAN DO COLOR QUE SEXAN, NOS TEMOS QUE DEFENDER OS NOSOS INTERESES PORRIBA DE TODO.

Anónimo dijo...

EL CDL (CENTRO DEMOCRÁTICO LIBERAL) SIEMPRE ESTARÁ CON PLATAFORMA DEFENDE MOS, PORQUE NOSOTROS TAMBIÉN DEFENDEREMOS MOS.