martes 15 de mayo de 2007

CONCENTRACIÓN EN SANTIAGO

A Plataforma vai ir o xoves día 24 de Maio a Santiago. Imos concentrarnos diante de San Caetano. O Goberno ten que escoitarnos. Ten que escoitar ao concello de Mos. Necesitamos que vos apuntedes. Imos ir en autobús. Sairemos as 9 da mañán da explanada de Queen. O día 16 na manifestación pasaremos follas para que poidades anotarvos. Recordade que tamén o podedes facer enviando un correo a : plataformadefendemos@yahoo.es

NON AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.

26 comentarios:

Anónimo dijo...

Es comprensible que dentro de la plataformadefende-MOS haya personas de distinta ideología política, sin embargo, cuando la evidencia constata muy claramente la postura de los políticos de los distintos partidos, se debe tener muy en cuenta que objetivos pretende llevar a buen fin la plataforma constituida para DEFENDER los intereses de todos los Mosenses en cuanto a calidad de vida en nuestro propio entorno. Por ello es sugerible a estos integrantes, asi como a todos los habitantes de este, nuestro municipio, que en vista de los acontecimientos suscitados, tenemos; ahora sí, la oportunidad de poner a cada uno de los políticos en su sitio. Solo hay dos opciones: seguir como estamos, con lo cual las manifestaciones serían tambien un paripé (esto es lo que hay, van para adelante…) o bien, y siempre, ¡s i e m p r e! salvaguardando nuestro entorno, somos realistas y, reconocemos, aceptamos y elegimos un futuro seguro sin titubeos, eligiendo el próximo 27 de mayo a quien realmente se ha involucrado de lleno en esta lucha por la defensa de nuestra tierra, para que no se siga desfragmentando m@s. Por ello la única persona que que realmente siente, MOVE-MOS y DEFENDE-MOS para evitar este atroz atropello, es: N I D I A A R EV A L O del Partido Popular y, sólo ella y su equipo, están sumidos y extremadamente concienciados en la consecución de una minimización sobre el impacto medio ambiental, por que alternativas de proyectos para que discurra el inevitable paso del AVE por estas tierras, ¡HABERLAS-HAILAS!. De todos nosotros depende nuestro futuro, ahora es el momento de darle viada a MOS para que MOS este más vivo que nunca…

Anónimo dijo...

publicidade de nidia arevalo aquí tamén?????
Que desesperadiños estades os do PP.

Por outro lado dou o meu apoio a plataforma ainda que cando acabe o da autovia e o do ave se preocupen tamen por outras cosas do municipio que sucedan nas demais parroquias.

Anónimo dijo...

AHORA QUE LLE MIRAN O CU A CURUXA TODOS SE APUNTAN PRA IR DETRAS DA PANCARTA.
O QUE TEN CU TEN MEDO
PERO POR QUE NON RESOLVIRON ANTES OS PROBLEMAS, OU A O MENOS O DIXERON A O POBO. NO.
ANDE YO CALIENTE Y QUE SE JODA LA GENTE.
AHORA ES LA HORA DEL AVEmaria
XA MUITOS ESTARAN REZANDO PARA SABER A QUE SE VAN A DEDICAR A PARTIR DE UNS DIAS

Sanguiñeda dijo...

Resposta para "Anónimo 1".

Amigo anónimo:
Na plataforma "Defende Mos" hai xente de tódalas ideoloxías. Na Plataforma non preguntamos de dónde é, canto gaña ou se é de esquerdas ou de dereitas. Eu mesmo teño unha ideoloxía, pero NUNCA se me ocurriría misturala coa Plataforma.

Na Plataforma o único que sabemos é traballar polo ben do noso concello. TODO o demáis (ideoloxía, se votamos a un partido ou a outro) se deixa na porta.
é bo que participen todos neste blog, pero tes que comprender que cando hai traballo que facer,hai que remangarse e nada máis. Sei do que falo, e nesta plataforma se podería decir VOTA ESCUDERO VOTA NIDIA VOTA OJEA VOTA MOVEMOS, VOTA O QUE CHE PETE.

Eiquí traballa xente honrada. Non somos políticos, pero -eu falo por mín- temos ideoloxía. Eu estou a traballar con xente totalmente oposta a mín, pero coincidimos no básico: QUEREMOS A MOS. CADA UN QUE VOTE O QUE LLE DE A GANA.

Os que están en campaña eleitoral son os políticos. Isto non é un blog de políticos. Isto é un blog de veciños.


Gracias e disculpa.
O que tí votes é totalmente lexítimo, pero eiquí iso non ten lugar. O que conta é que cada un de nós ten dúas mans e as usa en cousas concretas que nos alexen dunha autovía innecesaria e dun AVE mal deseñado. O resto forma parte da esfera privada de cada un.

Anónimo dijo...

E patética a posición do PP con Nidia a fronte, está a utilizar a plataforma para intereses políticos, que bágoa que estea a emporcallar algo que naceo para defender os intereses de Mos. Soo me pregunto donde estivo metido ata o de agora -Agochada detrás das brasas para facer o churrasco e botarlle de comer a xente para que vote por ela, xa non quero saber mais de esa Plataforma

AVE MOS dijo...

Quén entende isto? a plataforma organiza unha manifestación cortando a autovía durante máis de 2 horas e non sae nin na TVG. O venres uns veciños de Mos e Petelos queixanse de que o Concello entrou sen permiso nas suas fincas e lle arramblou con todo, e entrevistanhos na TVG. É esta a televisión independente da que tanto presumen os nosos gobernantes?

CENSURA NUNCA MÁIS!

Anónimo dijo...

o mellor a plataforma deberia chamar a TVG. non sei se o fai.

Por outro lado estou de acordo con:
"Anónimo dijo...
E patética a posición do PP con Nidia a fronte, está a utilizar a plataforma para intereses políticos, que bágoa que estea a emporcallar algo que naceo para defender os intereses de Mos. Soo me pregunto donde estivo metido ata o de agora -Agochada detrás das brasas para facer o churrasco e botarlle de comer a xente para que vote por ela, xa non quero saber mais de esa Plataforma"

Pareceme que o PP usa a plataforma como arma politica intentando enganar a xente, pero ben cero e que a xente de mos non e parva, ou eso creo.

perez dijo...

Pola miña parte, estuo seguro que na plataforma, hai xente o sufucientemente intelixente e honrada que non se deixa manipular por ninguén.

Sei de boa fonte que algún está molesto porque dende a plataforma non se ataca a niguén. Os nosos políticos, de momento, dan a cara e mentres estén ahí ninguén teñe nada que decirlles.

Un saludo a tod@s, con independencia das vosas ideoloxias.

Sanguiñeda dijo...

Bos días.

Isto é ben extraño: ¿qué mal atopa a xente no traballo? ¿por qué temos sempre que sospeitar? ¿non será mellor centrarse na autovía, no ave, na variante que vai pasar perto do aeroporto, nos problemas de Mos? ¿Por qué tanto ruxe-ruxe de "me dixeron", que se os partidos, que se este é de aquí e o outro de alí?

¿A quen molesta a plataforma? ¿Cal é o problema de que Mos proteste contra estas infraestructuras? Imos deixar que a Plataforma faga o seu traballo e que os políticos fagan o seu. Son cousas distintas. O concello, insisto unha vez máis (PSOE; PP; BNG, non adscrito e independentes) apoian as nosas metas. Ao final vai resultar que os que pensan que somos uns palleiros teñen razón.

Se empezamos con tonterías, sin centrarnos no problema de Mos, van metérnola doblada e ben doblada. Qué teríamos que facer? ¿Pedir un certificado de apartidismo a cada persoa que é socio da plataforma? Por suposto que non. Cada un será do que queira. Xa bastante temos con que a prensa e a televisión non fagan caso a Mos, como para empezar a descentrarnos.

Cando estemos afogados de taludes, viaductos, nos quedemos sen parte do noso territorio polo capricho de Fomento, será demasiado tarde. A ver se remata a campaña electoral dunha vez, porque parece que a xente toleou. É normal que os partidos vaian uns contra os outros en campaña electoral, pero a Plataforma non é un partido político, carallo.

Ogallá non tivera que existir. Iso significaría que Mos non estaría ameazado. Falando desta maneira, o único que conseguides e que a xente honrada queira pasar de todo, voltar as súas casas e ver coas máns cruzadas como esnaquizan o concello.

Poderíades tomarvos todos – os que vos pasades o día querendo desunir en vez de unir- unha tila? Poderíades pensar que hai xente que non ten intereses políticos? Poderíades pensar que hai xente normal que non quere que Mos desapareza? Poderíades axudar na Plataforma? O xoves imos a Santiago...estades apuntados? Sabedes de alguén que poida apuntarse? É tan raro pensar que xuntos podemos conseguir cousas e aillados non? O mesmo traballo custa confiar que non facelo. Espero que remate pronto a dichosa campaña electoral. Nunca pensei que as cousas sencillas foran tan complicadas. Sede veciños onde haxa que ser veciños. Deixade aos políticos que se divirtan. Mirade como veñen as palas, non o que se dí en campaña electoral.

Que nos jodan os de fora de Mos-que sempre están dispostos, polo que se ve- pero non nos enfrentemos entre nos, home.

O único que queremos é celebrar unha boa festa rachada cando pase o perigo. E volver a casa cedo, se é posible. Se non estamos xuntos, nos podemos dar por fodidos, iso seguro.

Anónimo dijo...

http://ivan-vaqueiro.blogspot.com/
---------------------------------AMIGOS ésta é a dirección do indivíduo que está perxudicando MOS. Encherlla de protestas, porque verdadeiramente nadie do seu pobo, lle inserta ningún comentario.

Anónimo dijo...

http://ivan-vaqueiro.blogspot.com/
---------------------------------AMIGOS ésta é a dirección do indivíduo que está perxudicando MOS. Encherlla de protestas, porque verdadeiramente nadie do seu pobo, lle inserta ningún comentario.

Anónimo dijo...

Invito a todos a visitar la página:

WWW.VIGOMETROPOLITANO.COM.
---------------------------
Pinchad en la sección EL CONFIDENCIAL...titulada:
Susa ya no gusta de la pancarta de ’Defende Mos’....leedlo es muy interesante....

Sanguiñeda dijo...

INVITO a todos a reflexionar sobre qué nos espera coa autovía e o AVE. Invito a todos a pensar por sí mesmos. INVITO a todos a a ler feitos ou senón, calquer artigo que teña entrecomillados. A nave "Enterprise" tamén é interesante, pero non é real, o mesmo que lle pasa a Mr. Spock. (que non a Touriño, que é real pero non é interesante).


En canto ao blog de Iván, é curioso que un blog de palleiros de Mos -coma somos os que escribimos eiquí- teña máis público que o blog do señor candidato. Debe ser porque nós non falamos do "relativismo histórico" e todas esas cousas tan profundas, senón de que nos queren poñer de porcaría ata os fuciños. Deixádeo cos seus "0 comentarios". Iso sí que doe.

Se queredes que saia un nome no comentario, recordade que hai que escoller "Otros" e despois escribir o seudónimo. Por exemplo: "Iván el Terrible", ou "Formigón pútrido" ou "Touriño, a salchicha asasiña".

Un saúdo e ánimo para todos.

AVE MOS dijo...

Caballero dí no Atlántico Diario de hoxe.

"Caballero abogó en materia de autovías por el Plan Sectorial de Vigo y su área de influencia, el nuevo trazado alternativo a la A-55 entre Vigo y O Porriño y la conexión de la A-57 entre Vigo y Pontevedra, libre de peaje, "reto capital" para la ciudad y de la que estará "vigilante" para que esté acabada en 2010"

Anónimo dijo...

O que faltaba, que algen nomea a VIGOMETROPOLITANO, e o nauseas do periodismo, da asco abrilo, soo pode apreciarse que traballa para o PP. un asco non abrades esa páxina que vomitades

Sanguiñeda dijo...

Faro de Vigo:

"A nova variante da autovía Vigo-Porriño é urxente". Hai que tocarse as narices. O que é urxente, cacho baldreu, é liberar a peaxe Puxeiros-Porriño e non ter que gastar cartos públicos, destruir un concello enteiro e fodernos a vida aos de sempre: os cidadáns de Mos.

Non o podo soportar. Politicucho do demo. Espero que saberemos faceros frente, a tí, tonto de Compostela e ao virrei da autoridade portuaria.


Nada lles importa. Ahí están. Mirade o da TVG: 16 anos secuestrada, e agora outra vez secuestrada polos outros. E os demais: caladiños coma petos. O que se mova non sae na foto. "No hagan olas".

Pensan que viven por riba de nós. Pois vai ser que non.
SUPRESION DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.

Que vaian mexar por riba das súas familias e que nos deixen en paz. Nós lles pagamos. Temos dereito a decidir. Son uns comerciantes, non teñen nin ética - que é malo - pero aparte, ´non teñen intelixencia.

VIVA MOS.

AVE MOS dijo...

aquí todos queren saber canta xente da plataforma pertence a un partido ou vai nunha candidatura. eu dende logo non vo-lo vou dicir pero se alguén da plataforma se da por aludido pediríalle que dese un paso á fronte.

por outra banda, quixera facerlle recapacitar a toda a xente que pregunta tanto polos intereses políticos ocultos, e que poñen os seus comentarios neste blog de maneira anónima, pedindolle pola contra datos persoais ós membros da plataforma. se nadie contestou a estes comentarios pode ser por dous motivos: porque ningún membro vai nas listas ou porque ninguén quere publicitarse como candidato a través desta plataforma, e si está nela, dende logo está pola súa propia vontade e por conviccións própias e dende logo non buscando notoriedade ou publicidade.

francamente, o único que pretendo aquí é que pensedes na situación en que vai quedar o noso municipio si se levan adiante estas dúas infraestructuras da maneira que fomento pretende construir en mos.

a plataforma está aberta a todas as persoas que sintan as graves repercusións que estas infraestructuras van ter para o noso municipio.

pareceme un despropósito que traten de vincular á plataforma cun partido político concreto, dende logo, esta xente non ten os mínimos escrúpulos e, dende logo a máis mínima solidariedade.

eu desde aquí quixera agradecer, por outra parte, a toda esa xente anónima que se volcou desde o primeiro día coa plataforma e que fixo todo o que estivo da súa man para axudar.

Sanguiñeda dijo...

Resposta para "Ave Mos":

GRACIAS. O sentido común e a intelixencia -e tamén un pouco de sorte- vai facer que evitemos esta situación, e tamén calquera outra que queira fastidiar o noso concello. O que importa é que haxa xente que pense as cousas.

Gracias por dicir a verdade: que a Plataforma é traballo e cariño por Mos e non política. AVE MOS usa os verbos necesarios: pensar, reflexionar, agradecer....Esos son os únicos que funcionan nun trabalo común. Son os enemigos de Mos os que usan outro tipo de verbos: tapar, argallar, esconder, dividir, rumorear, asustar, ignorar, despreciar.... Non van poder con nós.

Un saúdo a todos os que queren que Mos mellore e siga a crecer.

guerrillera dijo...

conoceis la historia de la revolución cubana? :) somos pocos pero con el tiempo convertiremos las ganas en eficiencia. el hecho de ser invisibles en alguna de las acciones llevadas a cabo no significa que nos hayamos desmaterializado por un rato, sólo viene a demostrar que nuestra presencia es molesta y se intenta ocultar... solo añadir que la política es toda una mierda, y el sitema electoral no es más que el derecho a decidir a quien pasaremos a mejor vida durante los próximos 4 años... al que hizo propaganda de nidia yo le pregunto... sabes cuánto gana nidia?... está bien ayudarla, pero seguramente necesitarás la ayuda más que ella, por otra banda me consta que nadie de la plataforma pertenece a ningún partido aunque tendrán sus ideas... afortunadamente.
ánimo a la plataforma, ánimo al pueblo, ahora empieza la verdadera lucha, no se desmotiven, por favor, nuestro pequeño trozo de planeta nos necesita y nosotros a él para vivir como siempre hemos hecho. viva Mos, viva la revolución y para la próxima no olviden mineralizarse y vitaminarse... y un poquito de por favor en las manifestaciones, si insultamos a los organizadores acabaremos lamentando que nadie organice nada para luchar por nuestros derechos e intereses, si no nos gusta como lo han hecho vayamos a la próxima reunión, sugerencias, por favor, involúcrate más e insulta menos...serás más feliz, vecina ;)
sugerencia: unha festa, vino, comida, xa veredes como chegan masas de mosenses que nin sequera sabiades que existían... :)) es broma ainda que me apunto a unha festa tamén :)

ave mos dijo...

acaso estar na oposición é tan indigno? acaso é preciso estar no goberno para facer algo polos veciños no concello?

creo que non. creo que todos os concelleiros que forman unha corporación contan. non son meros observadores do que sucede nun goberno. deben servir para fiscalizar as accións do goberno e tamén para plantexar alternativas e proxectos.

senon non tería sentido darlle concelleiros a quen non pode gobernar nin decidir, por iso, penso que todos os partidos deberán seguir apoiando a plataforma como ata agora, xa non hai escusas. é hora de conseguir os propósitos da plataforma. agora é o momento de demostrar e botar abaixo eses rumores que tanto dano lle fireron á plataforma. adiante amigos, non decaiades.

Sanguiñeda dijo...

Ave Mos,

espero que teñas razón, pero teño un medo no corpo, que non sei... Pase o que pase non podemos parar. Confiemos en que estes políticos nos axuden. Todos. Pero a Xunta mete moito medo. E Touriño e Caballero tamén. Hai que seguir, sexa como sexa.

Hai que evitar que Mos se afunda. Hai que parar isto. Hoxe empezamos outra vez.

Un saúdo a todos.

SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.
AUTOVÍA NON.

Anónimo dijo...

Yo propongo encerrarlos a todos en el ayuntamiento el día del pleno de investidura.
¿Cuánta guardia civil nos mandarían para la ocasión?

Sanguiñeda dijo...

O bo sería que se prestaran eles. Espero que todos sigan funcionando por Mos estén contentos ou non cos seus resultados.

Nós temos que seguir centrados neste problema, pero eles tamén. O espero polo ben de Mos.

De todas maneiras, non hai nada que se lle poda pedir aos políticos que cada veciño non se teña que esixir a el mismo.

Se un non traballa, non colabora, non fai o que pode dentro das súas posibilidades, ¿qué dereito ten a esixirllo a ninguén?

A ver qué pasa. A ver se pensan en Mos e non só no partido. A mín me importa un bledo de dónde veñan as axudas, pero que veñan.

O único que nos ten que importar é se os políticos aínda saben onde viven e o que teñen que defender. Se non defenden a Mos, non haberá silla onde sentarse a falar de política.

Caballero está agazapado en Vigo, e Touriño en Compostela, esperando para matarnos a golpe de formigón. E iso non ten ideoloxía, é só un feito.

A xente demostra quén é nos momentos difíciles. A ver se os tres partidos o fan. Que medo, meu Deus.

NON A AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.

rodriguez dijo...

Eu solo espero de calquera dos nosos políticos que, agora que xa pasaron as eleccións, luchen co pueblo con mais forza ca nunca.

Que no se esquezan de nos, que o problema ainda está ahí e que cada día que pasa está mais perto de nos.

Tamén teño que decir que espero dos veciños o mesmo que dos políticos, todos estamos no mesmo barco, o problema e de todos o non solo de uns poucos.

NON AUTOVÍA
NOVOS TRAZADOS DO AVE

Redondela dijo...

Saludos desde Redondela, a los listos del PP quiero decirles una cosa... A ver donde se mete ahora Nidia Arévalo... Sinceramente, intenta medrar más que Paqui en Redondela. Y,a pesar del extremo cuidado que tuvimos en Redondela y que me consta que tivistéis en Mos, casi levantan la alcaldía a costa de dos Plataforma que a diferencia de otros "defienden su municipio".
Yo sigo alabando la postura de Susa, aunque quiero ver cúal es a partir de ahora porque la de ella es mucho más díficil. La de Arévalo es bien fácil además se ser cínica, porque al fin y al cabo ¿quién proyectó todas estas infraestructuras?Acaso no fue el gobierno de Fraga con Feijoo en Obras Púbicas. Acaso no fue el gobierno de Cascos en Fomento el que diseño autovías para toda España y no fueron estos los que vendieron Audasa?

Que me respondan los listillos esos que apostaban por Arévalo...

Y con todo esto no quiero defender a Susa, sólo quiero denunciar la caradura de muchos.

Un saludo.

Sanguiñeda dijo...

A partir de agora, vou pegar os correos que me manden dende a Plataforma. E o que falamos moitos aquí. Hai que moverse. Isto é o que mandan.



Boas noites a todos.


A autovía segue ahí. Eses plans do AVE seguen ahí. Touriño e Caballero seguen ahí. A Plataforma tamén. Mal que lles pese. Vos, ¿estades tamén? Iso esperamos.

Se vos non seguides, isto non vai ter arreglo. Por iso, este fin de semán imos comer empanada de millo. Vinde coas camisetas postas. Necesitamos que a xente saiba do problema e que se una a pelexa que temos para que Mos non desapareza.

Se hai que comer pulpo, vaise comer, se hai que atacar un codillo, pois vale. Temos que ir por TODO MOS COAS CAMISETAS POSTAS.

QUEDAMOS O DOMINGO DÍA 2 AS 12:30 DA MAÑÁN NA FESTA DA EMPANADA DE MILLO EN SANGUIÑEDA

como na casa non se está en ninguna parte, pero agora a casa é o concello, así que por favor, vinde o domingo. Hai que mentalizar á xente que o ano que ven, se non movemos o que hai que mover, comeremos millo, pulpo e codillo no medio dun deserto, subidos nunha pala excavadora, e sentindo que somos un pobo de escravos. Temos que movernos.


Vinde agora que aínda hai tempo. Nos queda moito por facer.

Un saúdo.

NON Á AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE
NON AOS TRAZADOS DO AVE.