miércoles, 13 de junio de 2007

Proximas convocatorias

Saúdos a tódolos veciños.

Como xa sabedes, isto non ten paraxe: nas últimas semanas nos mandaron da Subdelegación do Goberno multas para as 14 persoas que figuran pedindo permiso para manifestarmos. O que ten menos ten 3.000 euros, o que máis ten, ten 6.000. Por familias, hay unha que tería que pagar 12.000. Pide permiso para eso.


Pero iso non é o grave: o grave é que seguimos nas mesmas. De Santiago non ven ninguén. Pero nós seguimos eiquí porque, se non estamos equivocados, pronto haberá máis frontes que os da autovía e o AVE para os veciños de Mos.
O que importa agora mesmo non son as multas: é que sigamos eiquí.

O Sábado día 16, hai sesión de investidura da nova corporación. A Plataforma vai estar alí. Coma sempre para recordarlle a todo o mundo que eiquí seguimos. Coma sempre, calados, con dignidade e con educación. Coa camiseta enriba e calados para ser testigos de todo o que se fai no concello.

SÁBADO DÍA 16 NO CDL AS 11:30 DA MAÑÁN.
SÓ SE NECESITAN DÚAS COUSAS:
TER EDUCACIÓN E DISCIPLINA E, SI PODEDES, LEVAR UNHA CAMISETA. (xa sabedes, a ponzoñosa é o modelo mellor).


DOMINGO 17. FESTA DO PULPO EN CELA. 12:00 DA MAÑÁN. XA SABEDES HAI QUE IMPLICARSE NA VIDA PÚBLICA DO MUNICIPIO. VER E SER VISTOS É A CLAVE PARA CONSEGUIR O RESPALDO DE TODOS OS VECIÑOS DE MOS.

Aquí se necesitan tamén dúas cousas: levar a camiseta e estar xuntos.

VINDE SÁBADO E DOMINGO COA PLATAFORMA.
MELLOR SE ESTÁ NA CASA.
PERO O MELLOR PARA MOS É ESTAR XUNTOS E DECIDIDOS.


NON A AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.

43 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Es el sábado el casting para el calendrio?
Me parece una buena idea lo que dijo la guerrilera.No es muy original,pero esas cosas venden porque tienen mucho morbo.
Estará dispuesto alguno de nuestros políticos .Lo veo un poco complicado aunque quizá alguno de los que entra nuevo se presta a tal menester.
Venga que se vean es@s tangas que es por MOS.
VIVA MOS Y SUS GENTES

Anónimo dijo...

Ola compañeiros da plataforma, animadevos que parece ser que a cousa empeza a moverse.
Ben por Ojea,ben por Olaia, ben polo BNG, que fan que en Madrid vaian a tratar dos nosos asuntos.
Espero algo máis de Nidia (PP), e como non tamen da nosa alcaldesa, Maria Jesús (PSOE), e que non pare ahí a cousa, que catro anos pasan rapidiño e agora estamos todos anotando coidadosamente os movementos que están a facer xusto ahora que e cando fai falla.
Animo a toda a sente que non se rende, Un saúdo
Rosa (Sanguiñeda)

Anónimo dijo...

POR FIN, ISTO SE MOVE.

VAMOS, VAMOS QUE NOS VAMOS...

MOVETE CONCELLO, COLLE CARRERIÑA, E MOVEDEVOS.

ANIMO PLATAFORMA, SEGUIDE ASÍIIIII

salud a todos
Manolo

Anónimo dijo...

si al presidente de nuestra comunidad de vecinos se le fuese la olla o.. traducido, se le olvidase que tiene que hacer lo que la comunidad decide y no él, lo enviaríamos directamente al psiquíatrico o al juzgado pero hemos caido en las redes de un sistema que no permite al ciudadano pensar mientras los políticos hacen y deshacen como mejor les conviene, esto es una desvergüenza. tendríamos que tener al mejor abogado que exista y llevar la justicia al límite, parece que eso les va a los socialistas, podríamos aplicar métodos terroristas :)... no hablo de bombas, hablo de huelga de hambre.. si alguien piensa que estoy loca... debo decirle que pienso lo mismo de gran parte de la humanidad, seguramente de ti también.. el mundo se ha vuelto loco loco, quién es el más loco de todos? el tarado que saltó encima del papamóvil? el presidente de los estados unidos? los antitaurinos nudistas? o la gente de mos que votó a una alcaldesa que dice ser farmacéutica sin serlo? ella también con el título en el calendario :)... guerra guerra guerra, demos su nombre a la policía, el todos los políticos que iban en la manifestación, me consta que han pedido nombres de vecinos y que la plataforma ni ha denunciado ni denunciará jamás a los que realmente luchan por la causa, está luchando la alcaldesa realmente por la causa? es hora de exigir fechas, resultados, qué muestren sus acciones y no se limiten a ayudar en las nuestras. Olé al BNG por cumplir con su trabajo

Anónimo dijo...

no me gusta nadie de los que gobiernan, pero algunos que no son capaces de mover sus peones en Santiago para que se ocupen de LOS GRAVÍSIMOS PROBLEMAS DE MOS, os aviso que están tratando de envenenar y retorcer lo que afortunadamente, hacen otros vs. BNG de Mos, por ejemplo.
ea, ea, ea el PP de Mos se cabrea!
en cambio, el PSOE se queda tan tranquilo, como tienen la sarten por el mango, seguirán siesteando.
Y nosotros observando, como dijo un vecino muy acertadamente, TOMAMOS NOTA QUE LOS CUATRO AÑOS PASAN RAPIDO.
OJO QUE EL BNG DESPIERTA EN MOS !!!!

Anónimo dijo...

Reclamo do sr. Presidente do Parlamento de Galicia atención para os gravísimos problemas que estamos a padecer en Mos.
¿non poderían falar dos nosos "problemas" no parlamento de Santiago, como o están a facer no de Madriz a instancias do benega?

VIVA MOS E OS SEUS VECIÑOS!
(eses que estaban tan caladiños, pero que cada vez falan máis)

Anónimo dijo...

Dende eiqui quero valorar moi positivamente o traballo que ven a desenrolar a Sra. Alcaldesa de Mos.en Madrid lle fixeron caso, e por fin teñen paralizado o proxecto da construcción do AVE e da nova autovia

Grazas Alcaldesa

Anónimo dijo...

Hola a todos: Son veciño de O Porriño, da parroquia de Cans, emprezo a estar preocupado porque en Mos se queren desfacer da autovia, Pero vostedes teñen que saber que si o conseguin a nos aos veciños de O porriño nos construiran un vial de 5.900 metros para enlazar a A-57 coa AP-9, non me parece xusto, penso que a plataforma tamen a temos que formar os veciños de o Porriño

Anónimo dijo...

O Sr, Ojea,da a sensación que se estñá a mover soamente politicamente, non esá ben que despreza os demais politicos e veciños de Mos que estan loitanto para arranxaer este maldito problema

Anónimo dijo...

Eu tamen como veciño de o Porriño, considero que na plataforma tamen deberia haber xento de o Porriño, xa que non está benmque o que non quere Mos no lo pasen a Poriño

Anónimo dijo...

Urxentemente ten que formar unha comisión Mos-Porriño para rexeitar estes proxectos

Anónimo dijo...

De non querer Mos a atovia,Porriño será o gran perjudicado

Anónimo dijo...

Precisamente a Plataforma leva tempo demandando unha solución consensuada por todos os concellos, tanto para a autovía como para o AVE. Con respecto a quitar o paso a nivel de Porriño, non está nada ben que lle quiten a un as vías e lla pasen ós de MOS.

Nas manifestacións da plataforma tamén participou xente de Porriño, o que pasa é que en Porriño os veciños non están tendo o apoio que precisan dos seus grupos políticos e andan un pouco desorganizados.

É evidente que hai intereses enfrontados entre os dous concellos, por iso a plataforma leva tempo buscando o xeito de conseguir que se senten a dialogar todos os organismos implicados nestes asuntos.

Creo que teñen que ser os veciños de Porriño os que teñen que empezar a moverse e a presionar ós seus políticos para que busquen e acheguen solucións.

SEN DIALOGO NON HAI SOLUCIÓN.

O ENLACE DA AP-9 COA A-52 NON É ESTRICTAMENTE NECESARIO.

Actualmente pola A-55 circula todo o tráfico que ven da A-52 e de Tui e Portugal, tanto en dirección a Vigo como a Pontevedra. A AP-9 podería ser unha boa alternativa para o tráfico pesado que vai fundamentalmente desde as canteiras e o Poligono industrial cara Zona Franca e Citroen, e tamén para todos os traballadores que se moven todos os días entre Vigo e Porriño.

A A-55 quedaría sobre todo para o tráfico procedente da A-52 así como aquel que se dirixe ó aeroporto e a Vigo.

Por último hai que lembrar que está en proxecto a nova A-57 que é unha autovía interior que unirá o Alto do Confurco na A-52 con Pontevedra, polo que cabe esperar unha importante disminución do tráfico na A-55 para aqueles desplazamentos que veñen de Ourense ou Madrid en dirección a Pontevedra.

Como vedes os membros da plataforma pensan en todos, son conscientes que co enfrontamento polo enfrontamento (como fan moitos políticos) non se vai conseguir nada por parte de ninguén. A mellor vía é o diálogo e o bo traballo. Cando os políticos pensan en infraestructuras destas características sempre din o mesmo, É DE INTERÉS XERAL, AFECTADOS SEMPRE VAI HABER...Pero a plataforma de Mos sempre foi consciente destes inconvintes e por iso pediu sempre o apoio e o compromiso de todas as partes implicadas tanto das que toman as decisións como das que teñen que defender os intereses dos seus veciños.

VECIÑOS DE PORRIÑO, A QUÉ ESPERADES, ORGANIZÁDEVOS, EMPEZADE A PEDIR IMFORMACIÓN DOS VOSOS REPRESENTANTES POLÍTICOS, QUE NON SE ACORDEN DE VÓS SÓ CANDO HAI QUE IR VOTAR.

ESTOU CERTO DE QUE VOS DESDE PORRIÑO E NOS DESDE MOS, IMOS CONSEGUIR QUE SE FAGAN UNHAS INFRAESTRUCTURAS DIGNAS E BENEFICIOSAS PARA TODOS OS VECIÑOS DO VAL DA LOURIÑA.

NON VOS IMAXINADES O QUE PODEMOS CONSEGUIR XUNTOS...

NON Á AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE NA AP-9.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE...

Anónimo dijo...

E necesario que se xunten os novos politicos de o Porriño e Mos, para defender os novos trazados de estas vias de comunicación, non estou de acordo de o quue non quere mos o metan en porriño

Anónimo dijo...

GRACIAS a "AVE MOS".

O único que quere a Plataforma é o ben para todos, a supresión da peaxe, que non se faga a autovía, que se senten a falar do AVE e que ningunha zona máis de Mos sufra o que está a sufrir Sanguiñeda. Porque si fora así, estaríamos donde houbera problemas.

É certo que a proposición non de lei foi obra do Bloque. O PP ía presentar outra no mesmo sentido, pero non se sabe por qué non a presentou. Pero está de acordo coa supresión da peaxe e co que presentou o BNG.

A Plataforma non fai política. O único que sí sabemos é que a solución pasa por Santiago de Compostela, por Touriño e por Caride. Todos os grupos políticos de Mos apoian, a efectividade de cada un e as influencias que teñen é outra cousa, e non os imos matar para que actúen..... É preferible pensar que fan o que poden.

Que os políticos pelexen entre eles é normal. Para iso están ahí. Están acostumados a darse caña. A Plataforma é outra cousa. Hoxe foi o Bloque, e por suposto hai que felicitalos, claro que sí.


Si mañán o PSOE nos consegue unha entrevista con Touriño e con Caride, de maravilla. A alcaldesa quere que o subdelegado fale con nós: estupendo (ainda que o outro sería máis estupendo).

Que o PP fai preguntas sobre Mos no Parlamento Galego: perfecto. Moitos dos seus dirixentes recibiron á plataforma. Sería perfecto que puideran facer moito máis.

Eles tamén son de Mos, aparte de ser políticos. Teñen que sentir o mesmo que os veciños e actuar en consecuencia.

Nos estamos eiquí para os problemas de Mos, NON para falar dos políticos de Mos. Pero iso non saca que podamos ver o que se fai.Serán os feitos os que falen, non a maledicencia, o rumor barato ou o partidismo acrítico.

AS OBRAS AÍNDA NON ESTÁN PARALIZADAS. Estamos mellor que fai dous días, nada máis.


Hai que seguir e seguir.

NON Á AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE

Anónimo dijo...

Ninguén dixo que metan nada no Porriño. Pero sí uns poucos do Porriño dicen que saquen o paso a nivel do Porriño e o metan por Mos.

Cree o ladrón que todo o mundo é da sua condición.

Como ben di ave mos, está en proxecto a A-57, esta nova autoestrada a van a unir a AP-9 ¿onde? non se sabe como vai a ser ese enlace pero, podedes ter por seguro que a Mos tamén lle vai tocar, xa falaremos disto sino tempo o tempo.

Nos non queremos a guerra cos veciños do Porriño, ¿qué fariamos os uns sin os outros? Vivimos xuntos e dependemos uns dos outros.
Entre todos temos que buscar solucións, nada de ir por libre, todos xuntos e veredes que nos vai ir mellor a todos.

Non a autovía
Supresión da peaxe
Novos trazados do ave

Anónimo dijo...

É curioso, escribo textualmente:
emprezo a estar preocupado porque en Mos se queren desfacer da autovia, Pero vostedes teñen que saber que si o conseguin a nos aos veciños de O porriño nos construiran un vial de 5.900 metros para enlazar a A-57 coa AP-9, non me parece xusto, penso que a plataforma tamen a temos que formar os veciños de o Porriño

Hasta agora ¿dónde estabas meu rei? está claro que na casa.
Os teus veciños de Torneiros están a traballar cos de Mos codo con codo pero ti, como vives en Cans ¿para qué?, a ti non te afectaba ¿non?, iso te parecía xusto ¿non é así?

Empecemos e ser un pouquiño, solo un pouquiño, mais solidarios cos veciños, que hoxe lles toca e eles pero mañan, seguramente, nos toca a nos.

Un saludo os de Mos, Cans, Atios, Budiño, etc.

Anónimo dijo...

Todos os comentarios do Porriño din: O que non quere Mos que non o metan por Porriño.

Sorprende e moito. Algúns do Porriño din:quitamos o pasa a nivel e o mandamos directamente a Mos, nos quitamos o problema e eles que se apañen.

¿Isto é de xusticia?,¿Isto é de xente honrada?,¿Sabedes como vai quedar Torneiros e Sanguiñeda?, claro que como a vos non os afecta para que molestarse.

A lo millor, Torneiros non pertenece o concello do Porriño, eles están a traballar solos, veñen a Mos para que lle votemos una man. Onde estábades vos? Ide xunto eles e traballade xuntos, necesitan axuda dos seus veciños pero ninguén lles vota una man, solo os veciños de Mos están con eles e eles cos de Mos.

Un saludo a eses que empezan a estar preocupados.

Anónimo dijo...

Hola tod@s!

El ayuntamiento de Mos siempre fué el gran perjudicado, no se nos escuchó durante décadas, va siendo hora que se nos escuche.

Gracias Olaya, gracias por tú intervención y a seguir, que por desgracia, esto aún acaba de empezar.

Espero mañana, tener que dar las gracias a otras personas a las que también les preocupe un poco nuestro ayuntamiento.

un saludo y a seguir trabajando que esto no acaba aquí.

Anónimo dijo...

Yo colaboré con la plataforma recogiendo firmas y os puedo asegurar que me firmó mucha gente de Porriño (y unos cuantos del centro).
No todos somos iguales.Hay gente buena y solidaria en todas partes y menos mal que la mayoría no somos como este "amigo" de Cans.
Los políticos de Mos,Vigo y Porriño están trabajando juntos.Estemos nosotros también juntos.
Que no empiece la guerra.

Anónimo dijo...

Dende eiqui pido que se constituia un pltaforma de afectados en o porriño, sin non e que vamos a chegar tarde, ainda que afectados somos os de mos e porriño,pero vexo que non hai vontade por parte de os veciños de mos,para poder formar parte de plataformadefendemos

Anónimo dijo...

Como veciño de o Porriño (A GUIA) vou ser un afectado polo no vial de cans a AP-9. quereo que nos xuntemos os veciños de porrriño

Anónimo dijo...

Hola, veciño da Guía. Penso que te equivocas cos veciños de Mos e senon pregúntalle os teus veciños de Torneiros.

Sempre que nos necesitaron estivemos con eles, incluso algún que outro domingo as 10 da mañán, axudámoslle a recoller firmas das suas alegación, viñeron a alguna das nosas reunions, entre outras a que mantuvemos con uxt-ferrocarril,e non pensamos deixarlos solos.

Está claro que vos, solo cando os sentides DIRECTAMENTE afectados, cando vedes a boca do lobo, entón hai que moverse. Non señor, temos que movernos sempre, hoxe por tí e mañan por mín, todos xuntos porque como dí a refrán a unión fai a forza.

Ten por seguro que sí que podes contar cos veciños de Mos, inténtao e te sorprenderás.

Un saludo

Anónimo dijo...

A plataforma "DEFENDE MOS", para estes veciños do Porriño, non é unha plataforma de afectados, é unha plataforma de veciños con un obxetivo: defensa do noso concello.

Neste intre estamos loitando contra unha autoestrada innecesaria e queremos que fomento se sente a falar con nos para que o ave pase CON RESPETO por o noso concello.

Dende aquí temos moi claro que este frente non é o único, non sei se leechedes o faro de fai uns días donde decían que van comenzar as obras na nacinal 550, alí estaremos para que fagan as cousas en condicions.

E sempre estaremos na loita por o respeto, por o ben facer, pra que o concello de MOS deixe de ser lugar de paso e sexa un bo lugar onde vivir.

Non a autovía
Liberación da peaxe
Novos trazados para o ave

Anónimo dijo...

Para todos os que escriben no Blog da Plataforma pola Defensa de Mos e son de Porriño.

Ningún da xente que está escribindo eiquí agora sobre Porriño ten unha mínima idea do que os veciños de Mos temos sufrido estes últimos meses.

Non quero parecer insolidario, pero é un pouco vergonzoso ver cómo agora, de repente é bo unirse e todo iso. Durante estes meses, un dos candidatos á alcaldía de Porriño dixo claramente ante moito público: "Os problemas de Mos son de Mos".

Dende este blog levamos pedíndolle a todo o mundo que mirara comprensivamente o que lle queren facer ao noso concello: desgajar, cercenar, cortar e facer desaparecer toda Sanguiñeda e parte de Petelos. Temos pedido mil veces axuda, pero sen resultado.

Unha boa excepción son os veciños de Torneiros, que aínda estaban máis sos que nós. E Francés, que mandou unha carta á Ministra de Fomento decíndolle que os intereses de Porriño e de Mos deberían ser tidos en conta.

Os veciños de Mos están poñendo enriba da mesa o seu tempo, a súa tranquilidade e agora incluso os seus patrimonios (véanse as multas da Subdelegación do Goberno).

Cando houbo manifestación, calquera pode acordarse de que nas Angustias -TERRITORIO DE MOS- estabamos rodeados de bocinazos de moita xente a quen non lle importaban os nosos problemas.

Por non ter propio, nin temos a Costilleta, que polo visto tamén é de Porriño. Non quero parecer vingativo, pero a verdade é que a Mos non o quere axudar ninguén.


Agora mesmo, estamos demasiado destrozados por todo o que nos está a pasar coa autovía e co AVE como para poder comprender intereses particulares.

Os de Mos sempre estamos no medio, parece que sempre molestemos. Pois non: somos un concello como o Porriño, e agora mesmo, se os da Xunta fan esas obras, O 30% DO NOSO CONCELLO VAI QUEDAR INUTILIZADO.

Esta é a verdade. Desexamos o mellor para Porriño. Tanto agora coma fai meses. Por suposto, "Viva Porriño". Pero riba de todo:


VIVA MOS¡¡¡¡¡¡¡
NON Á AUTOVÍA SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.

Anónimo dijo...

ADIANTE A PLATAFORMA.

AINDA QUEDA MOITO POR LOITAR.

NON NOS IMOS RENDIR.

MOS EXISTE, MOS ESTÁ NO MAPA.

NON Á AUTOVÍA.
SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.

Anónimo dijo...

Esto se anima.Me encanta.Parece que mis vecinos de comunidad ya despertaron.
Las goteras son de todos.¿No os habían llegado hasta ahora?

NO A LA AUTOVÍA, NUEVOS TRAZADOS PARA EL AVE, SUPRESIÓN DEL PEAJE DE LA AP-9

Anónimo dijo...

Como sabedes que vai afectar os veciños de Cans e A Guía?

Xa hai un proxecto feito? Onde está? Nos tamén queremos velo.

Anónimo dijo...

Con respeto para todo o mundo:

¿Alguén pode leer o encabezamento deste blog?

¿A alguén lle soa o nome de "Defende Mos"?

Toda a vida pasando desapercibidos estando pisoteados coma monas, escoitando as reivindicacións de Vigo e Porriño, mentras que a nos nos daban de h**** hasta no carnet de identidade, e agora, de repente todo o mundo sabe onde é que está Mos, e falan coma se nos tiveramos a culpa de algo.

VENTANILLA DE RECLAMACIONS:

Sr. Touriño, Presidente da Xunta.
Sra. Caride, concelleira de Política Territorial.

- ESTES DOUS SÍ QUE SABEN. NOS TRATAN COMO A CANS. NEN SEQUERA PODEN TER UNHA ENTREVISTA DE 20 MINUTOS CO CONCELLO DE MOS. QUÉ VERGONZA.

E por certo, o que escribe como "MOS" ten razón. Hasta fai pouco, no Faro de Vigo decían que Costilleta e As Angustias eran Porriño. Polo menos agora xa saben decir que son do concello de Mos.

Que todo vaia ben non só para Mos, tamén para Porriño.

Pero hai que recoñecer que hasta agora, nós somos os que sempre acaban coa retaguardia fastidiada.


NON Á AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.

Anónimo dijo...

ALÓ, PRESIDENTE.

NOTICIAS DE GALICIA.

TRAS VARIOS MESES PERDIDO EN LA GALAXIA "Soy el presidente, a ver qué te crees, que puedes pedirme una cita como si tal cosa", EL PRESIDENTE TOURIÑO DA CITA A LOS VECINOS DE MOS PARA HABLAR DEL AVE Y DE SU AUTOVÍA DE LOS C****


LÁSTIMA QUE LA HAYA DADO PARA HOY, DICIEMBRE DE 2008. LA AUTOVÍA YEL AVE ESTÁN HECHOS.

LOS VECINOS QUE TENÍA QUE RECIBIR VIVEN EN CONDICIONES INFRAHUMANAS EN OTROS CONCELLOS, SANGUIÑEDA HA DESAPARECIDO, LOS NEGOCIOS HAN CERRADO, Y MOS FORMA PARTE YA DE VIGO.

COMO DECÍA IVÁN I EL TERRIBLE DE PORRIÑO:
1) EL SOCIALISMO Y EL BIEN COMÚN ED LO MEJOD DE LO MEJOD.

2) LOD PROBLEMAD DE MOZ ZON DE MOZ

PABLO IGLESIAS: ¿DÓNDE ESTÁS? PÁSATE POR MOS, ANDA, QUE LA "IZQUIERDA" NOS ESTÁ MASACRANDO VIVOS.


NON Á AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.

Anónimo dijo...

EL PAÍS SEMANAL. Domingo 17 de Xuño. Páxina 25.

Título: “Getafe despega”.


Eiquí tedes unha transcripción de algunhas partes deste artigo. Vai do alcalde de Getafe. Non choredes moito. O que aguanta un galego -sobre todo un galego de Mos- non o ten por qué soportar un de Getafe.


“Pedro Castro es el regidor socialista de Getafe desde 1983. El pasado 27 de mayo, sus vecinos le prorrogaron otros cuatro años....

No son pocos los que se quedan con la misma sensación de goleados cuando se topan con el alcalde. “Van y le soplan: “Viene Pedro, date por jodido”.

El propio Castro disfruta contándolo. Cuando los asistentes de ciertos consejeros regionales, sucesivos presidentes de la Comunidad de Madrid ó ministros del Gobierno le ven aparecer, corren a avisar al jefe. La entrevista les va a salir cara.


Cuatro millones de euros le va a costar ahora a Fomento el enterramiento de 4,2 kilómetros de la autovía Madrid –Toledo a su paso por Getafe.

Quedan meses, años quizá para que lleguen las tuneladoras y los obreros, pero “eso es sólo cuestión de tiempo”.


Castro salió del despacho de Magdalena Álvarez con el sí de la ministra.



Su penúltimo sueño ya está en el Boletín Oficial del Estado y él ya piensa en otra cosa.


La persistencia del alcalde, -“soy un brasas, lo sé”- su inasequibilidad al desaliento y su poder de convocatoria – “primero sueño, después convenzo a los míos, luego encargo un proyecto a los mejores y después implico al pueblo”- están detrás de muchos de los servicios que los niños de Getafe and por supuestos.

Cosas tangibles, como el hospital: “Le hice una huelga de hambre a Felipe González porque la obra se retrasó seis meses”.



Como dí a música que poñen nas manifestacións da Plataforma: “Miña terra galega, donde el cielo es siempre gris.....”


NON Á AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.

Anónimo dijo...

Non fales mal de Pablo Iglesias, seguro que pertenzes a clase obreira e votas a direita, porque che votou de comer churrasco durante os quince dias de campaña...que vergonza ainda te atreves a nomear a Pablo Iglesias

Anónimo dijo...

Hay que ter moito coidado co sr.Ojea, quere andar por libre, porque non contan cos demais membros da Plataforma para mandarlle cartas o Subdelegadoson un afectado e penso que estas cousas as temos que decidir todos

Anónimo dijo...

De unha vez por todas, que se aclare o BNG e más o PP. que e o que queren para Vigo e para MOs.
Estan a demostrar que teñen dous xeitos de actuación ou nos estan a tomar o pelo os veciños e as veciñas de Mos,Porriño e Vigo, a verdade que como veciña de sanguiñeda empezo a estar moi preocupada.

Anónimo dijo...

Estas infraestructuras son competencia do Ministerio de Fomento, non sei que ten que ver a Xunta e o seu Presidente en todo isto,ou que alguen quere manipular este proble politicamente

Anónimo dijo...

Ollo, non debemos deixar que Ojea ande por libre e moi perigoso, asi perdeu 1000 votos nas eleccions, polo mal que o fixo

Anónimo dijo...

Despertade veciño e veciñas de o porriño, nos queren facer un vial de 5900 metros entre cans e ap-9, temos que espabilar antes de que xesa demasiado tarde, os de mos,practicamete xa estan libres da construcción da nova autovia

Anónimo dijo...

Cuando hablo de Pablo Iglesias, precisamente hablo con todo el respeto del mundo. Lee otra vez lo que escribí.

No sé cuál será tu historia con el churrasco, pero te puedo asegurar que mis churrascos me los pago yo.Y que esos churrascos que me pago son de clase obrera, sí. La clase obrera que añora una izquierda firme y solidaria.

Lo que digo es que si estuviésemos rodeados de gente que supiera lo que es el socialismo, estaríamos mucho más seguros.

Atrincherarse en una poltrona de Santiago y no acceder a recibir a la gente no es de socialistas, nos guste ó no. Hay que decirlo. Alguna vez oiste hablar de la autocrítica¿ Quizá no, ya no se lleva.


NON A AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.

Muy bueno lo del alcalde de Getafe.

Anónimo dijo...

Non se pode dicir que non haxa movemento por eiquí. Da gusto ver o blog tan concorrido.

Só quería aclarar unha cousa.

Cando a Comisión de Seguimento foi a Madrid, lles dixeron que o que ten a decisión na cuestión da autovía é o Presidente da Xunta e a conselleira de Política Territorial. Isto, por raro que pareza, é así.


É normal que a xente esté cabreada con eles, non é manipulación ningunha, é así. Eu penso que están a deixar pasar o tempo para metérnola doblada. Non lle fan caso nin a xente do seu partido.

Só recordarvos a todos que tanto o PSOE, o PP e o BNG de Mos están en contra destas infraestructuras.

Mirade aos de Redondela, que ningún dos partidos políticos lles fan caso.

Non manchemos dentro da nosa casa, cando a culpa está en Compostela.


NON Á AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.

Anónimo dijo...

Creo que esto solo conduce a la crispación.

Los que protestamos, los que estamos unidos en la lucha, somos personas y como tales, cada uno tiene sus ideas políticas.

Yo tengo las mias, cosa que no me impide criticar a mí partido cuando lo hace mal y felicitar al contrario cuando lo hace bien.

En esta vida hay que ser más críticos, no se puede comulgar con todo lo que nos dicen los nuestros, yo también pienso, ellos nunca deben pensar por mí.

Creo que este no es sitio de criticar a nuestros políticos, a ninguno, ellos hacen lo que pueden.

No a la autovía, supresión del peaje
Nuevos trazados para el ave

Anónimo dijo...

Resposta a un anónimo que dí:
porque non contan cos demais membros da Plataforma para mandarlle cartas o Subdelegadoson un afectado e penso que estas cousas as temos que decidir todos

Si eres membro da plataforma sabrás que todo se leva a consenso, todo se vota e sempre se fai o que dí a malloría (ainda que en moitos casos non sexa malloría absoluta)

O señor Ojea é un político de Mos, non un membro da plataforma, e como tal político pode facer o que crea conveniente nese intre, non ten que pedir permiso a plataforma para facer nada.

O mesmo penso do resto dos nosos políticos, eles por un lado e nos por outro ainda que as veces estemos xuntos, collidos da man.

Non a autovía, liberación da peaxe
Novos trazados para o ave

Anónimo dijo...

Cada un dos nosos politicos locais(incluído por suposto o Sr. Ojea), é quen de toma-las decisions que guste, xa que son cargos electos, e están no séu dereito.
Non pretenderedes que todo-los demáis fagan o que lle dea a gana excepto este SR., que a mín persoalmente me parece un excelente político, e mellor persoa, ó cal non é pouco.
Lle pese a quen lle pese, po-lo momento, os nososrepresentantes en Mos, están a apoiar á plataforma:
Faino Ojea
Faino Nidia
Faino M Jesus, ¿é posible que isto lle este á molestar a alguen?
QUE MO EXPLIQUEN.

A pesar das desafortunadas palabriñas do "a medio cocer" Ivanciño, os de Porriño e Mos estamos no mesmo carro -TAMEN MOLESTA ISTO?-, e así se demostrará
cando as cousas roden e se impoña o sentidiño común que a xente SI ten.
Boa sorte para todos nos a pesar de MADRID e SANTIAGO.
SALUD
Rosa

Anónimo dijo...

QUERO RESPOSTAR A “ANÓNIMO”, QUE DIXO O SEGUINTE:


“Hay que ter moito coidado co sr.Ojea, quere andar por libre, porque non contan cos demais membros da Plataforma para mandarlle cartas o Subdelegadoson un afectado e penso que estas cousas as temos que decidir todos”

********

Prefiro pensar que non pensaches isto que escribiches, e que só estas desinformado. A xente do blog xa te contestou, pero non debes saber moito. Se souberas o que falas, saberías que ojea non é da Plataforma, é un membro da corporación.

¿Cómo podes reprocharlle a un alcalde en funcións que escriba ao Subdelegado defendendo aos seus veciños¿ A alcaldesa non estaba eses días en Mos. Ela faría o mesmo de ter estado, (de feito vaino facer esta mesma semán) e a Nidia o mesmo se estívese en posición de facelo.


¿Por qué te parece mal que un representante do concello defenda aos seus veciños dunhas multas inxustas? ¿qué preferirías? ¿qué os veciños estiveramos solos?

¿Ti eres veciño de Mos? Non o parece. Si non ó es, mellor que o digas. Este e o Blog pola Defensa de Mos. Os inimigos de Mos non teñen sitio aquí. Xa nos chegan cos que andan por Santiago e por Madrid.


VIVA MOS.


NON Á AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.