martes, 8 de mayo de 2007

VIAXE ALUCINANTE AO CENTRO DE UN MITIN OU: O ATAQUE DA CAMISETA PONZOÑOSA.


O domingo pasado fomos a Vigo, a concentrarnos diante do pavillón das Travesas. Falaban Zapatero e Touriño. Iamos andando e de repente parounos a policía. Debíamos ter pintas sospeitosas, perigosas e incluso ameazantes, senón non se explica. Ate eiquí todo ben. Tiñamos pensado estar calados máis ou menos coas pancartas e nada máis. Pero nos dixeron que alto. Que de ahí non podíamos pasar. Estabamos a uns douscentos metros da entrada do pavillón.

Pasados uns minutos, e como empezaba a chegar xente, un par de nós fomos para repartir un folleto –con mapa incluido - que explicaba o problema que temos. E ven a sorpresa: non podemos sair do cerco da pancarta coa camiseta posta. Preguntámoslle aos policías – uns mozos galegos enormes e ben mantidos- e nos dixeron que non podíamos pasar coas camisetas postas. ¿Por qué? Lo siento, señora, tenemos órdenes de nuestros superiores, y no pueden pasar con las camisetas. Vale, pero, ¿hai algunha razón? Son órdenes superiores. Unha preguntiña máis: isto é un mitin do PSOE: ¿non será mellor que nos digan eles que non podemos pasar? Porque se non estamos tolos, vostedes son a policía nacional, non o servicio de orden do mitin. NON.

Quixen preguntarlle a os da organización do mitin. Saco a camiseta e gárdoa no bolso. Un policía me di que non, que non paso coa camiseta no bolso. Flipo. ¿Por qué? No se puede pasar con la camiseta en el bolso. Désela usted a otra persona, sino, no.

Gardo a camiseta no bolso. Vou por Fragoso a dar a volta. Paso por diante de outros policías e escoito: “Va para arriba” (era eu a que ía para arriba: unha perigosa, pegañenta e tremebunda delincuente de metro sesenta cun bolso na man e unha camiseta dentro). Paro en seco, sorrío e digo: “vai para abaixo”.

Volvo o punto de partida, donde está o meu policía particular. Señora, no puede pasar con la camiseta porque é un distintivo político. Abro o bolso, saco a camiseta. Saco un libro –pregunto se o libro se considera como distintivo político ou como animal de compañía- dime que non. Saco un monedeiro. Saco unha libreta. Saco un boli. Meto todo de novo, e podo pisar outra vez a rúa pública fora do círculo da nosa pancarta.

Chego o pavillón. Vou con unha compañeira. Pregunto por un encargado de organización. Esperamos. Chega. Lle pregunto si é normal que non podamos entrar coas camisetas. Bueno, non é que non podamos entrar, e que non podemos ir mais alá da pancarta con ela posta. Pregúntolle se o Partido Socialista Obrero Español ten algún problema de fijación coas nosas camisetas. Que somos de Mos e o noso concello nos apoia. Que só queremos poñernos fora, onde están os de Álvarez. Que non queremos entrar no Pavillón. Me contesta amabilísimamente que eles só controlan das portas para dentro. Pregunto enton se de portas para dentro sí se pode levar camisetas. Me dí que o control de camisetas é cousa da policía. Eu, que non quero cansalo- nen cansarme- , pregúntolle se o control de orden deste mitin o leva a policía.

Aparece unha rapaza morena moi amable que nos dí que pasemos, a ver se lle podemos preguntar a alguén. Unha muller agradable e conciliadora. Xusto cando estaba a convencernos, chega un segurata e lle dí a miña compañeira o seguinte, sen nen sequera mirar que estabamos a falar con outras dúas persoas: “Si lleva usted una camiseta en el bolso, va usted a la calle”.

Veciños. Isto enche o saco de calquera. Digo que agora sí que xa me contestaron e que bos días.

Nos sacaron moitas fotos. Se enteraron de que eramos de Mos. –“Mos existe, Mos está no mapa”. Acabamos afónicos, pero cos deberes feitos. Convencidos de que temos rabo e cornos. Porque os médicos do SERGAS estaban protestando frente o Pavillón (e con megáfono) . Os de Álvarez tamén (e con unha pancarta que poñía verde a Zapatero). A nosa ponía “Defende Mos”. ¿Por qué molesta tanto?

Dentro do Pavillón se oían os nosos pitos contra Fomento. Non contra Zapatero, nen contra o PSOE, só con Fomento. Contra Fomento e contra todos os que queiran esnaquizar Mos. Sendo tan educados e civilizados e imparciais como somos, non entendemos que nos teñan metidos nun corralito toooooodo o tempo.

A pregunta é: a policía nacional – que por certo se despediron de nós cun sorriso, y é normal, porque quedaron fartos de cánticos e pitidos- ¿ten como novo cometido facer de servicio de orden aos mítines de suposta entrada libre?

¿Pensarían que en vez de mosenses somos jerrilleiros – jerrilleiros con xota- afgano-talibáns?

Ate o de agora pensábamos que nos consideraban idiotas. ¿Resulta que tamén somos perigosos? Isto se non se ve, non se cree. En fin, que o de sempre.

1. Necesitamos a vosa axuda (Non nos movemos moito, é sinxelo, nos poñen detrás da pancarta, non vos cansaredes).

2. Necesitamos que veñades aos seguintes mítines (vos reiredes un montón se volta a pasar o da camisetaperigosa)

3. Somos de Mos. Temos que defendernos (¿ou queredes que chamemos a policía nacional?

4. Fomento está moooooi lonxe. Pero as palas excavadoras e a ruina de Mos, cada vez máis perto.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Se necesitades información de cada cousa que pasa, podedes escribir un e-mail, mesmo en branco, a: plataformadefendemos@yahoo.es. Así o añadimos á lista e vos mandamos todo o que pasa con esta desfeita.

Por exemplo, a carta do alcalde de Porriño sobre o Ave, as datas dos mítines en Vigo aos que hai que ir (Rajoy e Quintana), próximas manifestacións, o que fan na Comisión de Seguimento... Necesitamos que a información chegue a todo o mundo, para que vaia cada vez máis xente a difundir o nome de MOS por todas partes. Necesitamos tamén suxerencias. En fin: VOS NECESITAMOS.

O Venres día día 11, por exemplo, hai manifestación en Redondela, no campo da feira -onde está o colexio, cara para Cesantes- as 8 da tarde contra a autovía. Eles levan xente, pero nengún grupo do seu concello os axuda. Nen un só. O que queren facer con Mos é un crime. E o de Redondela tamén. Achegádevos por alí se vos é posible. Un saúdo.

Outra cousa: Fomento parece -dicimos parece- que vai recibir aos políticos do concello: Escudero, Ojea, Arévalo, Jorge (non adscrito)e Sío. Aínda non o temos confirmado. Cando teñamos información, vola mandamos a todos por correo electrónico. Tal como estamos de escarmentados, millor esperar e ver. Cruzade os dedos.E vinde as concentracións, por favor, como ate o de agora. Hai un refrán que dí: "capando apréndese a capador". Temos que sair da casa
Se admiten suxerencias para aprender a organizar manifestacións. Enviadenos eses correos.

Anónimo dijo...

Veciños, ¿estades ahí?

EEEEEEEEOOOOOOOOOOO

Anónimo dijo...

Poñede o da manifestación do mércores 16, necesítase moita xente para o recorrido, si somos poucos vamos ter que recortalo.

Un saludiño a tod@s

Anónimo dijo...

Ademais hai novas.

Porqué non publicades o correo do que sucedeu o xoves en Madrid? E a carta de Raul Francés?

Pensade que hay xente que non ten correo electrónico e non se entera.

Un saludo

Anónimo dijo...

rodríguez, tes razón. Haberá que poñer os correos eiquí.

Anónimo dijo...

nada de recortar nin recortar. Os veciños imos responder. Xa verás

Anónimo dijo...

Me sorprendeu Rajoy e Nidia,Pastor e Pan, no Hotel NH de Vigo.

Por un lado Rajoy esixindo a inmediata construcción do AVE, autovia, e por outro dicindo que a Mos non se lle debe tocar, estou canso de leer versións contradictorias do PP. -Ainda que eu son militante de ese Partido-, a veces penso a que estan xogando, porque os veciños e veciñas de mos non somos parvos, dame a sensación que se está utilizando este problema con fins partidistas. Teño que admirar a Alcaldesa de Mos, que sempre estivo a o lado de os veciñas antes e agora nos temas da autovia o lixo gasoducto, oleoducto mentras a nosa compañeira Nidia, se agochaba detrás da xanela e nunca deu a cara,creo que o PP, temos que ter moito coidado, se non esta plataforma despois das eleccións desaparecerá, e o vamos a sentir todos moito

Anónimo dijo...

Es comprensible que dentro de la plataformadefende-MOS haya personas de distinta ideología política, sin embargo, cuando la evidencia constata muy claramente la postura de los políticos de los distintos partidos, se debe tener muy en cuenta que objetivos pretende llevar a buen fin la plataforma constituida para DEFENDER los intereses de todos los Mosenses en cuanto a calidad de vida en nuestro propio entorno. Por ello es sugerible a estos integrantes, asi como a todos los habitantes de este, nuestro municipio, que en vista de los acontecimientos suscitados, tenemos; ahora sí, la oportunidad de poner a cada uno de los políticos en su sitio. Solo hay dos opciones: seguir como estamos, con lo cual las manifestaciones serían tambien un paripé (esto es lo que hay, van para adelante…) o bien, y siempre, ¡s i e m p r e! salvaguardando nuestro entorno, somos realistas y, reconocemos, aceptamos y elegimos un futuro seguro sin titubeos, eligiendo el próximo 27 de mayo a quien realmente se ha involucrado de lleno en esta lucha por la defensa de nuestra tierra, para que no se siga desfragmentando m@s. Por ello la única persona que que realmente siente, MOVE-MOS y DEFENDE-MOS para evitar este atroz atropello, es: N I D I A A R EV A L O del Partido Popular y, sólo ella y su equipo, están sumidos y extremadamente concienciados en la consecución de una minimización sobre el impacto medio ambiental, por que alternativas de proyectos para que discurra el inevitable paso del AVE por estas tierras, ¡HABERLAS-HAILAS!. De todos nosotros depende nuestro futuro, ahora es el momento de darle viada a MOS para que MOS este más vivo que nunca…

Anónimo dijo...

Boa peza Nidia Arevalo e a sua tropa, non me quero imaximanale de Alcalde-por sorte non será nunca- que faria ela si en Madrid gobernarse Aznar e en Galiza Fraga, meteria o rabo antra as pernas e non soo se faria unha autovia si non se encheria todo mos de autovias, do que nos salvamos. Esta muller soo vale para cociñeira se lle da moi ben facer churrasco e botarllo de comer a xentiña que votou por ela