viernes, 14 de diciembre de 2007
domingo, 25 de noviembre de 2007
A PROPAGANDA DE POLÍTICA TERRITORIAL
LA XUNTA LANZA UNA CAMPAÑA PUBLICITARIA PARA ACABAR CON EL DESORDEN URBANÍSTICO.
Politica Territorial invertirá 900.000 euros para concienciar a los gallegos de que deben cuidar el territorio.
Igual que ubicar el retrete debajo del lavabo ó que la lavadora se coloque encima de la nevera. Esta situación sería tan absurda como un piso sin conexión a la red de saneamiento ó una casa de ladrillo a medio terminar.
Con este símil la Consellería de Política Territorial pretende concienciar a la ciudadanía para que contribuya a erradicar el feismo urbanístico.
El mensaje será trasladado en forma de spots televisivos, y además de anuncios en radio y prensa, durante los próximos meses. En esta campaña se gastará 900.000 euros.
Se trata de "sensibilizar a los gallegos de que se debe hacer un uso responsable del territorio", explicó ayer la conselleira de Política Territorial, María José Caride. El lema de esta campaña será: "Onde vivimos importa"
******************************************
O artigo segue coa descripción dos anuncios televisivos e, francamente, non merece a pena.
"Onde vivimos importa", dí a propaganda de Política Territorial. Se falamos dos que vivimos en Mos, importa unha merda.
Para aliviarnos un pouco, Celso Emilio Ferreiro, que se explicaba bastante mellor que as cabezas impecables, exquisitas, solidarias e sensibles de Política Territorial e do goberno deste pobre país noso. O bó que ten este poema e que se pode atopar sempre a quen adicalo, por máis que pasen trinta anos. Mellor reirse, aínda que nos estén tratando coma se non estivesemos eiquí.
REQUIEM.
Paco Pixiñas, zorro confeso,
fuche en carroza pra o cimenterio.
Tanto rillar na carne de cocho,
tanto rillar, matóute un arrouto.
Un torozón finou cos teus días.
cómo te alcontras, Paco Pixiñas.
Púñache os cornos seica a parenta,
síguechos pondo, postmortem, seica.
Das malas lingoas non fagas precio,
durme tranquilo no teu sartego.
Vendiche vento, vendiche leria,
todo se vende, menos decencia.
Todo ten precio, todo se compra,
todo se vende menos vergonza.
Diñeiro podre non fai mercede,
alma mesquiña todo o empobrece.
Cómo che vai cariña de entroido,
tanto aforrar pra agora estar morto.
Deus faga parvos que nos manteñan
pois onde hai listos, zorros non medran.
Deixache as zocas polos zapatos,
de qué che sirve nise buraco.
Da mau á boca pérdese a sopa,
Paco Pixiñas cómo te alcontras.
Cinco e máis cinco non son un cento
bótalle a conta, verás que é certo.
A nosa terra nada che debe,
nada lle importa que alá te quedes
dándolle estrume ó chan alleo
pois a Galicia sóbralle esterco.
Si fuche pobo, dil desertache,
Paco Pixiñas, Requiescat in pace.
AUTOVÍA NON. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.
RESPECTO E DIGNIDADE PARA O CONCELLO DE MOS.
DIÁLOGO COS REPRESENTANTES ELECTOS DO NOSO CONCELLO.
SESIÓN PARLAMENTARIA SOBRE A AUTOVÍA
miércoles, 19 de septiembre de 2007
viernes, 10 de agosto de 2007
FESTA REIVINDICATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DE MOS.
Estamos en Agosto. E se os políticos están sempre xordos, imaxinádevos neste mes. O día 25 de Agosto, a Plataforma Defende Mos, vai facer unha festa a partir das 12 da mañán no parque de detrás das Pedriñas. Teremos pulpo, callos, empanada, tortilla e viño. Teremos, a partir das 12 actuacións musicais que vos detallaremos, entre elas a de Malvelas.
Colabora con nós a Asociación Rebumbio, que seguirá a festa pola noite. Necesitamos máis que nunca que veñades. E unha forma de que os problemas de Mos se fagan evidentes para a xente. Como vos podedes imaxinar, Touriño e Caride seguen sen querer vir polo noso concello.
Se en Baiona, Nigrán ou calquera outro municipio de Pontevedra hai problemas, todos acoden, aínda que só sexa para sair na foto. Mos é outra cousa.
Nos non abandonamos. Nesta ocasión, un encontro alegre para poder sacar forzas. Vos esperamos. Colaborade como sempre facedes. Un saúdo a todos.
NON A AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE PUXEIROS-PORRIÑO.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.
martes, 24 de julio de 2007
Entrevista na TVG
Galicia Noticias Serán
jueves, 5 de julio de 2007
REUNIÓN CON QUINTANA
Os representantes da Plataforma entrevistáronse hoxe en San Caetano co vicepresidente da Xunta de Galiza. Expuxéronlle os problemas que para Mos traería a combinación dunha autovía - innecesaria dende o seu punto de vista, e remediable coa supresión da peaxe Puxeiros-Porriño, un tramo sen utilizar-
co trazado do AVE.
Os veciños e o concello de Mos -unidos neste tema- non se negan ao ben común, só piden dende fai meses que se escoiten as súas opinións sobre infraestructuras, que sempre atravesaron o concello.
Tamén lle fixeron chegar a súa inquedanza polo aillamento do concello, xa que ate o de agora, ningunha autoridade con competencias reais na Xunta quere recibilos, nin aos representantes políticos nen ao movemento veciñal.
Quintana dixo que os puntos de vista que se lle presentaban eran razonabeis. Que tentaría conseguir que os veciños accederan á Consellería de Política Territorial. Pensa que é Fomento o que ten que falar destas infraestructuras, pero comprometeuse a estudar os datos que se lle entregaron e buscar posturas conxuntas na Xunta. Comprometeuse asimesmo a que os veciños tiveran noticias súas antes de setembro.
VIVA MOS
lunes, 18 de junio de 2007
Como sabedes de sobra, a Plataforma leva intentando dende fai meses manter unha entrevista co Presidente da Xunta, Sr. Touriño.
O día primeiro de Maio, tras deixar as pancartas fora, esperamos ata o final do mitin do PSOE eiquí en Mos, para poder decirlle que necesitabamos ter unha entrevista con él. O vimos e nos dixo que estudiaría a cuestión e que nos daría unha entrevista.
Nos consta que a alcaldesa estivo intentando que poideramos ter tal entrevista, pero ata o de agora, os seus esforzos non deron tampouco nengún resultado. (Nos o atribuimos a que Mos non é Vigo).
O día 23 de Maio enviamos a Compostela pola nosa conta unha petición para poder entrevistarnos con él - en vinte ou trinta minutos poderíamos explicarlle todo e tamén entregarlle un dossier.
Todo isto despois de saber en Madrid, por boca do xefe de Gabinete do Secretario de Infraestructuras, Victor Morlán, que é de él de quen depende todo isto. A petición pasou por rexistro o día 23, como vos dicimos e todavía non temos contestación.
(Nos chegaron xustiño despois das eleccións unhas multas da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, pero desta entrevista, que levamos intentando nós como Plataforma, a Comisión de Seguimento e a alcaldesa a título persoal, nada de nada).
En canto saibamos algo volo avisaremos. Pasou xa máis dun mes dende que en Fomento nos dixeron que isto era algo de responsabilidade de Touriño. Querríamos dicirvos máis, pero por desgracia non podemos.
Os feitos son:
1. En Madrid nos dixeron que isto depende do Presidente da Xunta.
2. Levamos meses intentando falar con él.
3. A campaña eleitoral xa pasou.
4. Está por todas partes, facendo visitas a todo o mundo.
5. Mos é unha alcaldía socialista.
6. Pensamos que é insultante que non respete á nosa alcaldía. Mos é un concello de respeto, como o é Vigo. E a nosa alcaldesa merece tanto respeto como o Sr. Caballero.
7. Temos a sensación - isto non é un feito como os anteriores, pero casi- de que non quere escoitarnos (ó peor non é que a Plataforma lle importe un bledo, o peor e o máis doloroso para nós como veciños é o insulto ao noso axuntamento).
¡VIVA MOS!
NON Á AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE-
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.
miércoles, 13 de junio de 2007
Proximas convocatorias
Como xa sabedes, isto non ten paraxe: nas últimas semanas nos mandaron da Subdelegación do Goberno multas para as 14 persoas que figuran pedindo permiso para manifestarmos. O que ten menos ten 3.000 euros, o que máis ten, ten 6.000. Por familias, hay unha que tería que pagar 12.000. Pide permiso para eso.
Pero iso non é o grave: o grave é que seguimos nas mesmas. De Santiago non ven ninguén. Pero nós seguimos eiquí porque, se non estamos equivocados, pronto haberá máis frontes que os da autovía e o AVE para os veciños de Mos.
O que importa agora mesmo non son as multas: é que sigamos eiquí.
O Sábado día 16, hai sesión de investidura da nova corporación. A Plataforma vai estar alí. Coma sempre para recordarlle a todo o mundo que eiquí seguimos. Coma sempre, calados, con dignidade e con educación. Coa camiseta enriba e calados para ser testigos de todo o que se fai no concello.
SÁBADO DÍA 16 NO CDL AS 11:30 DA MAÑÁN.
SÓ SE NECESITAN DÚAS COUSAS:
TER EDUCACIÓN E DISCIPLINA E, SI PODEDES, LEVAR UNHA CAMISETA. (xa sabedes, a ponzoñosa é o modelo mellor).
DOMINGO 17. FESTA DO PULPO EN CELA. 12:00 DA MAÑÁN. XA SABEDES HAI QUE IMPLICARSE NA VIDA PÚBLICA DO MUNICIPIO. VER E SER VISTOS É A CLAVE PARA CONSEGUIR O RESPALDO DE TODOS OS VECIÑOS DE MOS.
Aquí se necesitan tamén dúas cousas: levar a camiseta e estar xuntos.
VINDE SÁBADO E DOMINGO COA PLATAFORMA.
MELLOR SE ESTÁ NA CASA.
PERO O MELLOR PARA MOS É ESTAR XUNTOS E DECIDIDOS.
NON A AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.
El concello pide la retirada de las sanciones impuestas a Defende Mos
Redacción / Mos
El Concello de Mos ha dirigido al subdelegado del Gobierno, Delfín Fernández, un escrito en el que solicita que no se castigue al colectivo Defende Mos, que representa a los vecinos del municipio en la "lucha frente a la incomprensión y la falta de diálogo del Ministerio de Fomento".
En la carta, el teniente de alcalde en funciones, Xosé Manuel Martínez Ojea, advierte que "las sanciones serían evitables si las administraciones respetaran a los vecinos a las demás instituciones".
En representación del concello recuerda que la "auténtica provocación parte de la Administración central" y señala que el subdelegado del Gobierno debería "llamar a Madrid para que se paralice el actual proyecto para la autovía" en vez de "perder el tiempo en sanciones" a los vecinos.
El concello asegura además que seguirá permitiendo a los vecinos manifestarse en los viales de su competencia.
viernes, 1 de junio de 2007
FESTA DA EMPANADA DE PAN DE MILLO EN MOS
martes, 15 de mayo de 2007
CONCENTRACIÓN EN SANTIAGO
NON AUTOVÍA. SUPRESIÓN DA PEAXE.
NOVOS TRAZADOS PARA O AVE.
lunes, 14 de mayo de 2007
MANIFESTACIÓN
LEÑA! LEÑA! LEÑA!
TRAEDE PITOS, CACEROLAS E BOCINAS
TEMOS QUE CONSEGUIR QUE FOMENTO E A XUNTA NOS ESCOITE
O MÉRCORES 16 DE MAIO AS 20.00 H
NA EXPLANADA DE QUEEN
ACUDIDE!!!
martes, 8 de mayo de 2007
VIAXE ALUCINANTE AO CENTRO DE UN MITIN OU: O ATAQUE DA CAMISETA PONZOÑOSA.
O domingo pasado fomos a Vigo, a concentrarnos diante do pavillón das Travesas. Falaban Zapatero e Touriño. Iamos andando e de repente parounos a policía. Debíamos ter pintas sospeitosas, perigosas e incluso ameazantes, senón non se explica. Ate eiquí todo ben. Tiñamos pensado estar calados máis ou menos coas pancartas e nada máis. Pero nos dixeron que alto. Que de ahí non podíamos pasar. Estabamos a uns douscentos metros da entrada do pavillón.
Pasados uns minutos, e como empezaba a chegar xente, un par de nós fomos para repartir un folleto –con mapa incluido - que explicaba o problema que temos. E ven a sorpresa: non podemos sair do cerco da pancarta coa camiseta posta. Preguntámoslle aos policías – uns mozos galegos enormes e ben mantidos- e nos dixeron que non podíamos pasar coas camisetas postas. ¿Por qué? Lo siento, señora, tenemos órdenes de nuestros superiores, y no pueden pasar con las camisetas. Vale, pero, ¿hai algunha razón? Son órdenes superiores. Unha preguntiña máis: isto é un mitin do PSOE: ¿non será mellor que nos digan eles que non podemos pasar? Porque se non estamos tolos, vostedes son a policía nacional, non o servicio de orden do mitin. NON.
Quixen preguntarlle a os da organización do mitin. Saco a camiseta e gárdoa no bolso. Un policía me di que non, que non paso coa camiseta no bolso. Flipo. ¿Por qué? No se puede pasar con la camiseta en el bolso. Désela usted a otra persona, sino, no.
Gardo a camiseta no bolso. Vou por Fragoso a dar a volta. Paso por diante de outros policías e escoito: “Va para arriba” (era eu a que ía para arriba: unha perigosa, pegañenta e tremebunda delincuente de metro sesenta cun bolso na man e unha camiseta dentro). Paro en seco, sorrío e digo: “vai para abaixo”.
Volvo o punto de partida, donde está o meu policía particular. Señora, no puede pasar con la camiseta porque é un distintivo político. Abro o bolso, saco a camiseta. Saco un libro –pregunto se o libro se considera como distintivo político ou como animal de compañía- dime que non. Saco un monedeiro. Saco unha libreta. Saco un boli. Meto todo de novo, e podo pisar outra vez a rúa pública fora do círculo da nosa pancarta.
Chego o pavillón. Vou con unha compañeira. Pregunto por un encargado de organización. Esperamos. Chega. Lle pregunto si é normal que non podamos entrar coas camisetas. Bueno, non é que non podamos entrar, e que non podemos ir mais alá da pancarta con ela posta. Pregúntolle se o Partido Socialista Obrero Español ten algún problema de fijación coas nosas camisetas. Que somos de Mos e o noso concello nos apoia. Que só queremos poñernos fora, onde están os de Álvarez. Que non queremos entrar no Pavillón. Me contesta amabilísimamente que eles só controlan das portas para dentro. Pregunto enton se de portas para dentro sí se pode levar camisetas. Me dí que o control de camisetas é cousa da policía. Eu, que non quero cansalo- nen cansarme- , pregúntolle se o control de orden deste mitin o leva a policía.
Aparece unha rapaza morena moi amable que nos dí que pasemos, a ver se lle podemos preguntar a alguén. Unha muller agradable e conciliadora. Xusto cando estaba a convencernos, chega un segurata e lle dí a miña compañeira o seguinte, sen nen sequera mirar que estabamos a falar con outras dúas persoas: “Si lleva usted una camiseta en el bolso, va usted a la calle”.
Veciños. Isto enche o saco de calquera. Digo que agora sí que xa me contestaron e que bos días.
Nos sacaron moitas fotos. Se enteraron de que eramos de Mos. –“Mos existe, Mos está no mapa”. Acabamos afónicos, pero cos deberes feitos. Convencidos de que temos rabo e cornos. Porque os médicos do SERGAS estaban protestando frente o Pavillón (e con megáfono) . Os de Álvarez tamén (e con unha pancarta que poñía verde a Zapatero). A nosa ponía “Defende Mos”. ¿Por qué molesta tanto?
Dentro do Pavillón se oían os nosos pitos contra Fomento. Non contra Zapatero, nen contra o PSOE, só con Fomento. Contra Fomento e contra todos os que queiran esnaquizar Mos. Sendo tan educados e civilizados e imparciais como somos, non entendemos que nos teñan metidos nun corralito toooooodo o tempo.
A pregunta é: a policía nacional – que por certo se despediron de nós cun sorriso, y é normal, porque quedaron fartos de cánticos e pitidos- ¿ten como novo cometido facer de servicio de orden aos mítines de suposta entrada libre?
¿Pensarían que en vez de mosenses somos jerrilleiros – jerrilleiros con xota- afgano-talibáns?
Ate o de agora pensábamos que nos consideraban idiotas. ¿Resulta que tamén somos perigosos? Isto se non se ve, non se cree. En fin, que o de sempre.
1. Necesitamos a vosa axuda (Non nos movemos moito, é sinxelo, nos poñen detrás da pancarta, non vos cansaredes).
2. Necesitamos que veñades aos seguintes mítines (vos reiredes un montón se volta a pasar o da camisetaperigosa)
3. Somos de Mos. Temos que defendernos (¿ou queredes que chamemos a policía nacional?
4. Fomento está moooooi lonxe. Pero as palas excavadoras e a ruina de Mos, cada vez máis perto.
jueves, 3 de mayo de 2007
O domingo día 6 haberá un bus frente a “Queen” as 10 da mañán. Fará unha parada en Petelos e outra en Puxeiros.
martes, 17 de abril de 2007
miércoles, 11 de abril de 2007
MANIFESTACIÓN!!!
VENRES 13 DE ABRIL
ÁS 20:30H
NA ESPLANADA DE QUEEN.
ACUDIDE, POR FAVOR!!!
martes, 27 de marzo de 2007
CONCENTRACIÓN PACÍFICA!!!
viernes, 23 de marzo de 2007
Axúdanos a recoller firmas e alegacións
Podedes deixar as vosas firmas na Farmacia de Sanguiñeda ou no Centro Social das Pedriñas en Tameiga.
Moitas gracias de antemán.
martes, 20 de marzo de 2007
CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE A AUTOVÍA E O AVE.
- MERCORES 21 DE MARZO, AS 20:00H: NO CENTRO SOCIAL DAS PEDRIÑAS DE TAMEIGA.
- XOVES 22 DE MARZO, AS 20:00H: NA DISCOTECA QUEEN EN SANGUIÑEDA.
- VENRES 23 DE MARZO, AS 20:00H: NO CENTRO SOCIAL NOSA TERRA DE PEREIRAS.
- SABADO 24 DE MARZO, AS 20:00H: NO CENTRO CULTURAL DE TORROSO.
- DOMINGO 25 DE MARZO, AS 12:00H: NO PAZO DO MARQUÉS DE MOS.
ASISTIRÁ UN TÉCNICO PARA EXPLICARNOS OS PROXECTOS.
ACUDE, POR FAVOR!!!
domingo, 18 de marzo de 2007
Mos coas novas infraestructuras do Ministerio de Fomento.
- En primeiro lugar a autovía con duas calzadas de tres carriles cada unha.
- En segundo lugar a Alternativa 1 do AVE que tras sair do tunel que ven de Vigo discorre ó longo do rio Senlle.
- En terceiro lugar a Alternativa 2 do AVE que discorre semisoterrado por debaixo de Pereiras.
- Por último a Variante do Ferrocarril para librar o paso a nivel do centro de Porriño e que discorre ó longo do rio Louro.
sábado, 10 de marzo de 2007
Comunicado.
Sabemos perfectamente que a nosa situacion xeográfica é a que é, pero todas as obras poden facerse sen ter que danar nin ao Concello de Mos nin os circundantes. O que se ve claramente é que toda esa morea de plans precipitados e que se queren licitar a lume de carozo (plans de Nadal do 2006, por exemplo), non teñen en conta a principal consecuencia que acarrexarán: o reventar, desmembrar e facer desaparecer nuns anos un municipio como o de Mos.
A maioría da xente pensa que Mos é só unha autovía con catro casas ó longo dela, pero os que aquí vivimos sabemos a riqueza e a sorte de ter a calidade de vida que temos. Os intereses de Vigo, Porriño e os de Mos poden -e deben -ser compatibles.
Se non houbera solución, a cousa podería entenderse. Pero neste caso, sí que hai solución: a supresión dun tramo da peaxe da AP-9, que evitaría esa autovía que cercenaría a hidrografía de Mos, e que deixaría o concello convertido nun enorme taboleiro de formigón. E, no caso do Ave, información aos veciños, estudo de alternativas diversas, no que deberían participa-los veciños, non só as dos trazados de Fomento, feitos de maneira apresurada, non se sabe ben con qué fins.
A base dunha sociedade culta non pode ser a imposición, a falta de información, o rumor, o pensar que os gobernados son nenos, carentes de todo sentido racional. Pensamos que é así como nos ven: coma auténticos servos da gleba que teñen que acatar as ordes de arriba sen poder discutilas.
O Ministerio de Fomento ten que pensar que o que para él é só un punto no mapa non é tal. Eiquí vivimos persoas que sabemos discernir entre o progreso e unha simple carnicería que se quere levar adiante por sabe Deus qué motivos.
O que pretendemos é que impere o sentido común, que todo o mundo saiba que queren facernos desaparecer cando non hai ningunha razón para elo. Os veciños estanse a informar e dándose de conta de cál e a situación e parece ser que tamén os grupos políticos estanse a decatar que non é imposible compatibilizar progreso con humanidade, respeto polo medio
ambiente, pola poboación e polo amparo que debemos recibir ó vivir nun Estado que debe protexer ós seus cidadáns.
Tel. contacto: 676 08 36 28.